Galicia recibe 25,4 millóns para desenvolvemento rural, agricultura e gandaría do Plan Nacional da PAC

Así, a Comunidade galega percibirá 25,4 millóns, a maioría no apartado de accións de desenvolvemento rural, que suman 21,8 millóns.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO | 16/04/2024 | Actualizada ás 14:34

Comparte esta noticia

Galicia recibirá un total de 25,4 millóns de euros procedentes do Plan Estratéxico Nacional da Política Agraria Común (PAC) para financiar accións de desenvolvemento rural, agricultura e gandaría. O Consello de Ministros autorizou este martes a distribución territorial entre as comunidades autónomas de oito créditos por un importe total de 207,87 millóns de euros para financiar intervencións de desenvolvemento rural contempladas no Plan Estratéxico Nacional da Política Agraria Común (PAC) e distintas actuacións en materia de competitividade e calidade da produción dos mercados, sanidade vexetal e animal e do Programa Comunitario de Apoio ás Producións Agrarias (Posei) de Canarias.

Así, a Comunidade galega percibirá 25,4 millóns, a maioría no apartado de accións de desenvolvemento rural, que suman 21,8 millóns. En agricultura, 1,8 millóns irán destinados a prevención e loita contra as pragas e 45.700 euros para variedades vexetais. Así mesmo, en gandaría resérvanse 765.425 euros para a erradicación de enfermidades dos animais, 371.110 euros para o sector apícola, 455.149 euros en rendemento leiteiro e 168.604 euros ao fomento de razas autóctonas.

REPARTICIÓN ESTATAL

O ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luís Planas, reiterou na rolda posterior ao Consello de Ministros que estes fondos permitirán "continuar apoiando a agricultores, gandeiros e ao medio rural". "É unha mostra máis da implicación e o compromiso deste Goberno co medio rural e co sector primario", recalcou.

Para este período, o Goberno achegará ás rexións o 30 % do financiamento nacional e, para realizar esta repartición de fondos, utilizouse o criterio de distribución acordado coas comunidades autónomas en maio de 2023. Desta forma, unha vez autorizado polo Executivo, a distribución destes fondos someterase a consideración da Conferencia Sectorial de Agricultura e Desenvolvemento Rural, que se celebrará este venres.

O ministro de Agricultura, Luís Planas, nunha imaxe de arquivo
O ministro de Agricultura, Luís Planas, nunha imaxe de arquivo | Fonte: MARTA FERNÁNDEZ XARA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta