Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/04/2024 | Actualizada ás 19:36
O incendio forestal que se orixinou este mércores no municipio ourensán de Entrimo xa foi estabilizado.
Segundo informou a Consellería de Medio Rural, o lume iniciouse na parroquia da Pereira ao redor das 18.30 horas e, polo momento, afecta a unha superficie estimada dunha hectárea. Deuse por estabilizado pasadas as 20.00 horas.
Apuntan tamén que afecta o Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés.
No dispositivo para a súa extinción participan un técnico, dous axentes, cinco brigadas, tres motobombas, dous avións e dous helicópteros.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.