Gadis inicia unha campaña de recollida solidaria en supermercados de Galicia e Castela e León

A iniciativa está enmarcada no 'Maio Solidario' e que abrangue 201 concellos

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/04/2024 | Actualizada ás 18:40

Comparte esta noticia

A campaña 'Maio Solidario' de Gadis volve este xoves, 2 de maio, e estenderase ata o 1 de xuño ao longo de 201 supermercados situados en Galicia e Castela e León. Os clientes interesados poderán achegar ben alimentos non perecedoiros ou ben unha doazón económica no momento de pagar a súa compra.

En total, serán 11 os bancos de alimentos que xestionarán a repartición de produtos doados como a recadación. Participarán os bancos da Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo, Ourense, Vigo, Ávila, León, Palencia, Ponferrada, Salamanca, Valladolid e Zamora. O obxectivo será chegar a máis de 800 asociacións e 100.000 destinatarios finais.

Entre os alimentos máis demandados están legumes, leite, arroz, aceite, conservas e cereais. Gadis agradece de antemán "a xenerosidade que sempre mostran os seus clientes" coas campañas solidarias, así como a entrega por parte do equipo humano e os voluntarios.

Cada 'Maio Solidario' de Gadis suma ao redor de 1,5 millóns de quilos de produtos e case 200.000 euros de doazón, segundo datos da empresa.

Presentación do 'Maio Solidario' de Gadisa.. GADISA
Presentación do 'Maio Solidario' de Gadisa.. GADISA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta