A poboación estranxeira en Galicia supón o 5,2% do total de habitantes da Comunidade

Segundo os últimos datos publicados polo Instituto Galego de Estatística (IGE).

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/05/2024 | Actualizada ás 16:34

Comparte esta noticia

A poboación estranxeira en Galicia supuña o 5,2% do total de habitantes na Comunidade en 2023, segundo os últimos datos publicados este venres polo Instituto Galego de Estatística (IGE). Desta maneira, o peso da poboación estranxeira subiu en comparación con 2022, cando representaba o 4,43% do total. Dez anos antes, en 2013, esta porcentaxe era do 3,98%.

Do total de estranxeiros que residen en Galicia, un 3,7% naceron xa na Comunidade, mentres que o 95,4% restante non. Por idades, só o 7,1% en 2023 tiña 65 anos ou máis, mentres que un 22,4% estaba entre os 35 e os 44 anos, así como un 21% tiña entre 25 e 34 anos.

"A distribución da poboación estranxeira no territorio galego é desigual. En 2023, a maior porcentaxe de poboación estranxeira (con respecto ao total da poboación municipal) aparece en concellos da provincia de Ourense: Oímbra (18,1%), Carballeda de Valdeorras (14,3%) e A Mezquita (14%)", indicou o IGE.

En canto ás sete grandes cidades galegas, A Coruña (7,6%), Lugo (7,5%) e Ourense (7,5%) son as que maior porcentaxe de poboación estranxeira posúen sobre o total de habitantes, mentres que no extremo oposto está Ferrol (4,5%). No medio da táboa quedan urbes como Vigo (6,5%), Santiago de Compostela (6,4%) e Pontevedra (4,9%).

Dúas persoas en Galicia. M. Dylan - Europa Press - Arquivo
Dúas persoas en Galicia. M. Dylan - Europa Press - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta