Case 30 residentes de enfermaría especialízanse en Saúde Mental en Galicia para fomentar a continuidade asistencial

Galicia conta con 29 enfermeiros internos residentes de Saúde Mental, dos que 15 están no primeiro curso e 14, no segundo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/05/2024 | Actualizada ás 14:21

Comparte esta noticia

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) forma actualmente 29 residentes de enfermaría especialistas en Saúde Mental para fomentar a continuidade asistencial dos pacientes. Precisamente este luns o director xeral de Asistencia Sanitaria, Alfredo Silva, participou na Coruña na inauguración do IV Xornada Galega de Enfermaría de Saúde Mental, organizada pola Asociación Española de Enfermaría de Saúde Mental.

Alí, puxo en valor o avance na especialización deste ámbito ao contar Galicia con 29 enfermeiros internos residentes de Saúde Mental, dos que 15 están no primeiro curso e 14, no segundo. "A creación desta especialidade supuxo un cambio de perspectiva na forma de entender e atender ás persoas que sofren enfermidades mental, facéndoa máis inclusiva, participativa, xusta e humana", indicou Silva.

Entre outras melloras na atención, el tamén fixo referencia ao programa Conecta 72, co que persoal de enfermaría chama en menos de 72 horas desde a alta a todos os pacientes que estiveron hospitalizados para facer unha consulta telefónica sobre a súa evolución. Ademais, puxo o foco na recente creación da subdirección xeral de Atención á Saúde Mental e á Unidade de Procesos de Enfermaría, ambas dependentes da súa Dirección Xeral.

Enfermeiro prepara medicacións
Enfermeiro prepara medicacións | Fonte: Banc Imatges Infermeres - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta