Liberdade presos independentistas galegos

A detención dos nove simpatizantes da organización Causa Galicia, é unha nova provocación do Estado Neo franquista.

Por Lois Pérez Leira | Vigo | 02/11/2015

Comparte esta noticia
A operación denominada "Jaro", foi levada a cabo ao longo da mañá do venres, en coordinación coa Fiscalía e baixo a dirección do Xulgado Central de Instrución en funcións de garda da Audiencia Nacional. Por certo institución herdeira do franquismo.
 
Os militantes independentistas Arias Curto, Joam Peres, Borja Mejuto, Joam Fernandes (Cake), José Antom Gonzales Maceiras (Muros), os irmáns Óscar e Salvador Gomes, Enrique T.F. e Sabela I.G. están acusados de enaltecimiento do terrorismo e de estar relacionados coa organización Resistencia Galega, segundo informou o Ministerio do Interior. A operación foi cuberta periodísticamente cun gran despregue de medios de comunicación. Coma se tratásense de terroristas. Cando o único delito cometido, é participar de actos, onde se recordaban a militantes soberanistas, que por distintos motivos acertados ou equivocados, deron a súa vida polos seus ideais patrióticos.
 
O Estado policial do presidente Mariano Rajoy, continúa coa súa política de violación dos dereitos humanos, a través de leis represivas e antidemocráticas, como a lei mordaza. Continúa violando os dereitos dos presos políticos, que reclaman cumprir a súa condena nos cárceres máis próximos ao seu domicilio. Mantén en prisión a Arnaldo Otegi, polo simple delito de organizar un partido político, no marco da lexislación vigente. Négase a negociar unha solución pacífica do conflito vasco. E agora ameaza veladamente, en poñer os tanques en Cataluña, si esta intenta independizarse.
 
A detención dos nosos compatriotas debe ter unha resposta unánime, das forzas de esquerdas de Galicia e do propio Estado español.
 
Por iso, quenes se presenten nas próximas eleccións xerais nos seus programas electorais -si realmente asúmense como organizacións de esquerda- deberan reclamar que as primeiras medidas do goberno que xurda sexan: anular leis represivas; disolver os organismos herdados do franquismo, como a Audiencia Nacional; negociar unha saída pacífica do conflito vasco e unha amnistía para os presos políticos. 
 
Debemos de esixir a inmediata posta en liberdade de Arias Curto, Joam Peres, Borja Mejuto, Joam Fernandes (Cake), José Antom Gonzales Maceiras (Muros), os irmáns Óscar e Salvador Gomes, Enrique T.F. e Sabela I.G.
 
Como dixese Bertolt Brecht: “Primeiro leváronse aos xudeus... pero como eu non era xudeu, non me importou. Despois leváronse ás comunistas, pero como eu non era comunista, tampouco me importou. Logo leváronse aos obreiros, pero como eu non era obreiro tampouco me importou. Máis tarde leváronse aos intelectuais, pero como eu non era intelectual tampouco me importou. Despois seguiron cos curas, pero como eu non era cura, tampouco me importou. Agora veñen por min, pero xa é demasiado tarde".
 
O Estado neo franquista vén por todos nós, pero aínda estamos a tempo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Lois Pérez Leira Naceu en Vigo en 1953, emigrando á Arxentina cos seus pais sendo aínda un neno. En 1990 retorno definitivamente a Galicia, especializándose en temas migratorios. Durante estes últimos anos escribiu numerosos libros sobre a emigración galega e impartiu distintas conferencias en distintos países do mundo. Nos últimos anos se dedicou ao documentalismo sendo director de 18 documentais. Na actualidade é o secretario xeral de Nova Esquerda Socialista, organización que participa do Novo Proyecto Común. Foi distinguido en numerososa oportunidades, sendo nomeado cidadán ilustre da cidade de Salvador de Bahia.