Por E.P. | Santiago de Compostela | 16/06/2024 | Actualizada ás 17:49
O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, mantivo unha reunión co presidente da Agrupación Empresarial de Sociedades Laborais de Galicia (Aesgal), Eduardo J. Saído, no marco do proceso de escoita activa que o representante do Goberno autonómico iniciou no mes de maio cos principais axentes económicos e sociais de Galicia.
No encontro, segundo informou a Xunta, abordouse a importancia de difundir este modelo da economía social que creceu en Galicia un 2,26% a peche de 2023 con respecto ao ano anterior. Na actualidade hai inscritas preto de 1.460 sociedades laborais na comunidade.
Así, González compartiu que é "clave" trasladar á sociedade as vantaxes que ofrecen estas entidades dentro da economía social e aposta por reforzar a difusión do traballo que realizan. Ademais, o conselleiro puxo en valor a importancia da economía social para Galicia, así como os programas e as ferramentas que está a pór en marcha a Xunta para tratar de que este modelo siga crecendo na Comunidade.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.