O 54% dos fogares galegos teñen dificultade para chegar a fin de mes

O 18% dos fogares non se permitiu ningún extra (gastos como vacacións ou facer fronte a imprevistos) no últimos tres meses.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/07/2024 | Actualizada ás 13:24

Comparte esta noticia

Os fogares galegos que chegan con dificultades a fin de mes mantéñense por encima do 50% (son o 54%), segundo os datos que publica o Instituto Galego de Estatística (IGE) do segundo trimestre de 2024. No entanto, prodúcese un descenso dun punto fronte ao 55% de fogares con dificultades tanto no primeiro trimestre deste ano como no segundo trimestre de 2023.

Deste xeito, os fogares galegos con facilidade ou moita facilidade para chegar a fin de mes sitúanse no 45,96% (eran o 45% no primeiro trimestre), mentres que os que teñen dificultade son o 44,21% (45,04% no primeiro trimestre) e os que teñen moita dificultade son o 9,82% (9,91% no primeiro trimestre, pero sobe fronte ao 8,92% do segundo trimestre de 2023).

Por outra banda, o 18% dos fogares non se permitiu ningún extra (gastos como vacacións ou facer fronte a imprevistos) no últimos tres meses. Mentres, o 39,5% dos fogares cambiou os seus hábitos de compra coa adquisición de marcas brancas ou produtos de oferta. Ademais, o 24% diminuíu gastos comúns, tales como roupa ou transporte. Así mesmo, o indicador de confianza do consumidor mellora no últimos tres meses en tres puntos, de forma que queda nun valor de -13,2.

Unha vendedora de verduras no Mercado Municipal de Lugo
Unha vendedora de verduras no Mercado Municipal de Lugo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta