Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/07/2024 | Actualizada ás 17:08
A Sala do Civil e Penal do TSXG ratificou a resolución da sección segunda da Audiencia Provincial da Coruña na que condenou a seis anos de prisión a un home por traficar con drogas en Ferrol. Ademais, impúxolle unha multa de 100.000 euros.
No rexistro realizado no seu domicilio, segundo recolle a sentenza, atopouse heroína por valor de 64.000 euros, así como unha báscula de precisión. A Sala rexeita que a droga fose para autoconsumo, pois indica que a cantidade incautada (case 600 gramos) é elevada e, ademais, estaba escondida nun canlón exterior da vivenda.
Os maxistrados tamén rexeitan a eximente de drogadicción solicitada polo recorrente, pois afirman que "todas as probas converxen nunha actividade preordenada, coherente e rigorosa co tráfico ilícito de sustancias estupefacientes".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.