Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/07/2024 | Actualizada ás 14:52
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, vinculou co resultado das eleccións europeas a saída de Vox de cinco gobernos autonómicos que compartía co PP. Así, insistiu en que o partido de Santiago Abascal "demostrou non ser socio fiable".
Preguntado sobre se Vox é un "socio fiable" para continuar pactando con el, Rueda rexeitou que a decisión do partido de Abascla tivese que ver co acollemento de menores migrantes porque isto "xa se estaba producindo" con anterioridade, por exemplo o ano pasado. Por tanto, ante a ameaza que lanzou Abascal previamente á reunión que acordou esta repartición de menores, o presidente da Xunta cre que o PP se adoptou unha "decisión acertada" e "a única que se podía tomar", como foi proceder á aceptación de migrantes --26 no caso de Galicia--.
Por tanto, Alfonso Rueda cre que, en "este asunto concreto", Vox "demostrou non ser socio fiable" por unha reacción que chega "despois das eleccións europeas". "Eles saberán por que, é fácil de imaxinar", apostilou.
En calquera caso, o mandatario galego destacou que en Galicia non teñen que pactar Vox porque "non é necesario". Neste sentido, lembrou que nas eleccións galegas do 18 de febreiro o PP conseguiu maioría absoluta mentres Vox quedou fóra do Parlamento. En Galicia, agregou, "só contan cun concelleiro" en Avión.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.