Cal vai ser o futuro político de José Manuel Baltar?

Rueda di que haberá que agardar ao que decide o xuíz.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 15/07/2024 | Actualizada ás 15:09

Comparte esta noticia

O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, e o líder do PP nacional, Alberto Núñez Feijóo, mostraron publicamente este sábado, no Congreso provincial do PP ourensán, o seu recoñecemento ao expresidente provincial e actual senador, José Manuel Baltar, tras a proclamación de Luís Menor como presidente.

O senador do PP e expresidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar, chega a declarar ao Tribunal Supremo.. Eduardo Parra - Europa Press
O senador do PP e expresidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar, chega a declarar ao Tribunal Supremo.. Eduardo Parra - Europa Press

Ambos fundíronse nun abrazo con José Manuel Baltar nos exteriores do Pazo Paco Paz, onde se celebrou o Congreso, e tiveron palabras de agradecemento nas súas respectivas intervencións desde o atril. Este recoñecemento chega días despois de que a maxistrada do Tribunal Supremo Ana Ferrer ditase auto de apertura de xuízo oral a Baltar por un delito contra a seguridade viaria, por presuntamente conducir un vehículo a 215 quilómetros por hora na autovía A-52 nun tramo no que a velocidade máxima era 120 de quilómetros por hora.

Pero, que vai pasar co futuro político de Baltar?. Polo momento, semella que continuará de senador e todo dependerá da magnitude da sanción. "Someteresae a ese xuízo e veremos o resultado e se hai sanción. Agora hai que esperar e que se defenda no xuízo e agardar a que decisión tomamos despois", respondeu Alfonso Rueda tras ser preguntado ao respecto na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta. Con todo, aproveitou para criticar a Pedro Sánchez e os membros do seu goberno porque, a diferencia de Baltar, "non amedrentan" aos xuíces ou "fan declaracións fóra de lugar".

Vai haber un xuízo e non se amedrenta a xuices e facendo delcaracións fóra de lugar 

Precisamente, no seu discurso do sábado, Rueda destacou o papel de Baltar no PP de Ourense e lembrou que Menor recolle a substitución "dun político de raza", que traballou "con acertos e con erros", aínda que "con moitísimos máis acertos".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta