O Hospital de Ferrol completa a dixitalización dos datos clínicos asociados ao proceso de parto

Ata agora, todos os datos de seguimento rexistrábanse nun partograma en papel.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 20/07/2024 | Actualizada ás 14:51

Comparte esta noticia

O Servizo de Xinecoloxía e Obstetricia do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol completa a dixitalización dos datos clínicos asociados ao proceso de parto, o partograma (toda a información cardiotocográfica), e ten habilitada unha central de monitorización perinatal remota para o seguimento global do proceso.

Ata agora, informaron desde a xerencia, cando unha muller estaba en proceso de parto, ou cando se lle facía unha monitorización perinatal por algún factor de risco, todos os datos de seguimento rexistrábanse nun partograma en papel. O partograma é un documento no que se inclúen todos os datos procedentes da monitorización perinatal, como a frecuencia cardíaca fetal e as contraccións, ou tamén a progresión da dilatación, o lugar onde está a cabeza fetal, ou as intervencións medicamentosas e clínicas que se realizan, entre outros.

Este partograma cuberto de forma totalmente manual quedaba depositado na historia clínica. Coa aparición da Historia Clínica Electrónica, facíase xa desde o ano 2014 un escaneado deste partograma para incorporalo ao expediente da muller en formato dixital. Na actualidade, co proceso de dixitalización elaborado tras o traballo conxunto de Servizos de Informática e de Ginecología, todos os datos adquírense empregando un sistema informático, conformando en orixe un partograma electrónico, e incorporados e accesibles á propia rede, que permite o seguimento da paciente desde os propios monitores e tamén en diferentes puntos do Servizo, e non só na sala de monitorización onde esta a muller. Este proceso xera unha base de datos para futura extracción e explotación estatística dos mesmos, mellorando a calidade nesas atencións.

Imaxe dun parto en auga
Imaxe dun parto en auga | Fonte: UVigo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta