Dende a asociación Arrolos de Teta Parvati Devi lamenta que "no sistema sanitario hai un buraco enorme no que respecta ás pautas para a lactancia materna". Tamén denuncia o problema dos permisos de maternidade, pois "a OMS di que un bebé debe lactar durante os 6 primeiros meses, pero os permisos duran 16 semanas".
  comenta   0
En España, o Sistema Nacional de Saúde (SNS) atende 8 de cada 10 partos e a taxa de cesáreas nos seus hospitais foi do 22,4 por cento en 2022; mentres, no sector privado, que atende a dous de cada dez partos (18,6 %), a taxa de cesáreas sitúase nun 34,5 por cento, segundo se recolle no Informe do SNS 2023.
  comenta   0
Asociación Nacional de Criadores de Gando Vacún Selecto de Raza Rubia Galega realiza subastas para a venda de novelas, que chegan alcancar os 3.100 euros.
  comenta   0
SATSE reclama máis presenza e maior recoñecemento para as matronas nos hospitais e centros de saúde. Pide que haxa, polo menos, unha matrona en cada equipo de Atención Primaria e que poida derivar pacientes a distintos médicos especialistas.
  comenta   0
Sen auga, sen medicación e con movementos limitados, avanza que chegarán epidemias e desnutrición: "Somos unha pinga nun océano de necesidades; nunca nos enfrontamos a unha situación desta magnitude".
  comenta   0
Explican que isto non só implica reducir custos senón tamén proporcionar unha experiencia de parto máis saudable e humanizada.
  comenta   1
O TSXG coincide "co acertado criterio da juzgadora de instancia" de non estender este permiso aos traballadores homes e demais persoas proxenitoras que non son gestantes.
  comenta   0
Nesta xornada, dentro das adaptacións necesarias para a fase de oposición, 17 mulleres puideron interromper as súas probas para acudir á sala de lactación, tres persoas con discapacidade auditiva contaron con interprete de lingua de signos e unha aspirante con parto recente e outra embarazada examináronse no Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA).
  comenta   1
Tamén aprobou a realización dun estudo sobre a posible medida de incorporar progresiva e sistematicamente a figura do óptico e optometrista no Sergas.
  comenta   0
A Sociedade Española de Epidemiología (SEE) lembrou que as vacinas contra a gripe e a Covid-19 poden administrarse á vez sempre que se faga en lugares anatómicos distintos e con xiringas e agullas distintas.
  comenta   0
A xerencia da área Sanitaria de Santiago de Compostela e O Barbanza puxo en marcha un novo protocolo no nacemento mediante cesárea no que se posibilita o acompañamento á nai, de quen ela decida, durante todo o proceso e a non separación en ningún momento do seu fillo, do mesmo xeito que se fai nos partos vaxinais.
  comenta   0
Coincidindo coa Semana Mundial da Lactación Materna, que se celebra do 1 ao 7 de agosto, a Asociación Española de Pediatría (AEP) reclamou que se facilite a lactación materna no traballo, dados os beneficios que produce tanto sobre a nai como sobre o bebé.
  comenta   0
Fiscalía leva ao Supremo o seu caso tras darlle a ONU a razón á paciente. A demandante pide unha indemnización de 150.000 euros ao Estado por danos físicos e psicolóxicos polo proceso administrativo e xudicial
  comenta   2
Unha paciente reclama ante o conselleiro melloras para abordar estas patoloxías na Primaria, onde o trato foi "non moi correcto"
  comenta   0
Entre algunhas das medidas está a equiparación dos dereitos entre parellas de feito e matrimonios ou un permiso de 5 días para o coidado dun familiar
  comenta   0
Na miña casa sempre fomos moito de refráns e de ditos. Lémbrome dalgunhas tardes que quedaba coa miña aboa e lle pedía que me dixera refráns, que eu ía apuntando nunha libreta.
  comenta   0
A nova lei estendrá o subsidio non contributivo de maternidade a supostos ata agora excluídos, como o acollemento, a garda con fins de adopción e a adopción.
  comenta   0
O Pleno do Congreso deu luz verde este mércores á reforma impulsada polo Ministerio de Igualdade, cos votos en contra de PP, Voz e Ciudadanos, que denuncian a inconstitucionalidade do texto.
  comenta   0
O Consello de Ministros aprobouna este martes como un proxecto lexislativo proposto polo Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030, que tamén inclúe un permiso de cinco días ao ano retribuídos por coidado dun familiar ou convivinte e prohibe que os pais impidan o acceso a contidos sobre diversidade familiar a través do coñecido como 'PIN parental' nos centros educativos
  comenta   0
O TSXG sinala que "non pode afirmarse, coa necesaria seguridade e contundencia, que a causa do falecemento foi a inadecuada actuación sanitaria ao demorar inxustificadamente a práctica da cesárea".
  comenta   0
A asociación Bolboretas no ceo, para o acompañamento das familias que atravesan un dó perinatal, demanda máis formación do persoal sanitario e o dereito a baixa paternal.
  comenta   0
"Este módulo foi pioneiro no coñecemento do ser humano, mostrando de forma gráfica o principio do mundo", destacou a rexedora.
  comenta   0
Tanto o bebé como a súa nai están en perfecto estado e, segundo explicaron desde o Sergas, esta situación produciuse debido a que se tratou dun parto velado, é dicir, sen romper augas.
A vítima sofre, derivado do uso de forceps, dano neurolóxico irreversible, incontinencia, dor xenital e imposibilidade de manter relacións sexuais.
  comenta   0
Un novo estudo realizado en España, participado polo Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, mostra que as persoas con autismo que naceron nun parto no que se lles administrou oxitocina ás súas nais tiveron un peor desenvolvemento dese trastorno que os que, coa mesma afección, non foron expostos ás hormonas ocitócicas. Con todo, “non podemos facer ningunha afirmación sobre se o uso de oxitocina aumenta ou non o risco de TEA”, din os científicos.
  comenta   1