Francisco Gondar, o testemuño dun sobrevivente do Argos Georgia: "Foi terrorífico. Non se nin como sobrevivimos"

"Nas últimas dúas horas si que pensei que morriamos", sentenciou.

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 29/07/2024 | Actualizada ás 19:32

Comparte esta noticia

Un dos 14 sobreviventes do naufraxio do pesqueiro 'Argos Georgia', Francisco Gondar relatou o ocorrido durante a traxedia: "Foi terrorífico. Non se nin como sobrevivimos". Nunha entrevista en Antena 3, recollida por Europa Press, o mariñeiro explicou como viviu en primeira persoa o afundimento do buque e as preto de 20 horas que estivo na balsa á espera de ser rescatados. "Foi terrorífico. Física e mentalmente. Sobre todo pola perda dos nosos compañeiros, pobrecitos, doe", indicou.

Tal como explicou, grazas ás cámaras que tiña "por todos lados" o buque decatáronse de que entraba auga "masivamente". "Era imposible solucionalo. Tentouno por todos os medios o xefe", engadiu. Así, tiveron que montarse nas balsas salvavidas onde "entraron en hipotermia" e "non eran capaces de moverse". "Non podiamos articular practicamente palabras. Horrible, é unha agonía. Mentalmente é moi duro", apostilou, visiblemente emocionado.

"O peor recordo é cando perdín de vista ao técnico de pesca", subliñou, debido á relación máis estreita que tiña co seu compañeiro. "Con ese temporal non se nin como sobrevivimos", dixo.

A pesar de todo, agradeceu aos mariñeiros rusos que ían no barco as súas forzas. "Se non fose polos rusos non faciamos nada. Eles baleiraban a auga. Nas últimas dúas horas si que pensei que morriamos", sentenciou.

Argos Georgia. SALVAMENTO MARÍTIMO
Argos Georgia. SALVAMENTO MARÍTIMO | Fonte: Europa Press

O SERVIZO BRITÁNICO DE ACCIDENTES MARÍTIMOS ABRE O EXPEDIENTE

O servizo británico de investigación de accidentes marítimos (Marine Accident Investigation Branch) publicou este luns a apertura de expediente para investigar o naufraxio do 'Argos Georgia', ocorrido o pasado 23 de xullo, que deixa nove falecidos, catro desaparecidos e 14 sobreviventes. Segundo recolle a apertura de ficha deste sinistro, o afundimento deste barco con bandeira de Santa Elena produciuse a unhas 200 millas ao leste de Porto Stanley (Illas Malvinas) e con malas condicións no mar.

O servizo de Gran Bretaña de accidentes marítimos expón que realiza esta investigación en nome do Goberno de Santa Elena, un territorio británico subtropical de ultramar que se atopa no medio do Atlántico Sur, a 1.200 millas de África e 1.800 millas de Sudamérica.

Respecto diso, a Delegación do Goberno en Galicia remarcou que "se trata dunha investigación que levan a cabo as autoridades británicas e nas que o Goberno non ten competencias". Con todo, por parte de España a Comisión Permanente de Investigación de Accidentes e Incidentes Marítimos (Ciaim) "si actuará e participará da investigación para establecer as causas técnicas que produciron o accidente marítimo nas Malvinas".

Mentres, o presidente da Cooperativa de Armadores de Pesca do Porto de Vigo (ARVI), Javier Touzas, explica a Europa Press que continúa a procura de desaparecidos cun barco de Malvinas, así como o buque Argos Helena --unha embarcación da armadora 'Argos Froyanes', á que pertence o buque afundido-- e o apoio dun medio aéreo.

AUTOPSIA DE FALECIDOS

Por outra banda, fontes consultadas por Europa Press aseguraron que, se o tempo o permite, os corpos dos falecidos na traxedia partirán este martes de Malvinas a Oxfordshire (Reino Unido), onde se lles realizará a autopsia.

Tamén o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, indicou que, previsiblemente, o avión despegará este martes desde as illas ata Reino Unido. Tras levar a cabo as autopsias, os cadáveres dos españois regresarán a España, para que poidan ser enterrados polas súas familias, tras máis dunha semana do suceso.

Precisamente o portavoz dos familiares, José Manuel Pena, explicou a importancia das autopsias para coñecer que ocorreu, así como para que a aseguradora calcule as indemnizacións pola catástrofe.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta