Galicia conta con 21 traballadores menores de 25 anos por cada 100 afiliados maiores de 55

O indicador compara a poboación que acaba de ingresar como cotizante coa que está próxima a abandonalo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/07/2024 | Actualizada ás 11:08

Comparte esta noticia

Galicia dispón de 21 afiliados á Seguridade Social en alta laboral menores de 25 anos por cada 100 traballadores que superan os 55 anos no mes de xuño, segundo datos publicados este mércores polo Instituto Galego de Estatística (IGE), recollidos por Europa Press. Así, este indicador compara a poboación que acaba de ingresar como cotizante ao sistema coa que está próxima a abandonalo e a pasar a ser pensionista. Pola súa banda, cada 100 traballadores afiliados á Seguridade menores de 40 anos hai 220 empregados maiores desa idade.

En concreto, o sete grandes concellos galegos, fóra da Coruña, Ourense e Vigo, presentan cifras superiores á media, que varían desde os 224,1 afiliados de máis de 40 por cada 100 de menos de 40 anos en Lugo ata os 231 de Ferrol. Na Coruña queda nos 204,8; en Ourense nos 208,6 e en Vigo nos 218,9, sempre a datos do mes de xuño deste ano.

Traballadora
Traballadora | Fonte: MINISTERIO DE SEGURIDADE SOCIAL - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta