Sete da cada cen traballadores galegos non acudiron ao traballo no primeiro trimestre de ano

Galicia rexistrou unha taxa de abasentismo do 7,3 % no primeiro trimestre de 2024, seis décimas por encima da media do conxunto de comunidades (6,7 %), segundo informe de Randstad.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/08/2024 | Actualizada ás 13:36

Comparte esta noticia

Galicia rexistrou unha taxa de abasentismo do 7,3 % no primeiro trimestre de 2024, seis décimas por encima da media do conxunto de comunidades (6,7 %), segundo informe de Randstad. Así, o absentismo mantense en Galicia ao rexistrar a mesma taxa que no primeiro trimestre de 2023. Supón a sétima comunidade con maior cifra, con País Vasco á cabeza (8,9 %). No outro extremo está Baleares (5,1 %).

Segundo o estudo, España rexistra "unha tendencia alarmante" xa que durante o primeiro trimestre máis de 1,4 millóns de persoas non acudiron ao seu posto de traballo cada día (media diaria). No caso de absentismo por situación de IT, duplicáronse os casos na media de sectores desde 2013, co que se chega a pouco máis dun millón de persoas ausentadas.

"Os datos correspondentes ao primeiro trimestre poñen de manifesto que en España o nivel de absentismo provocou a perda do 6,7 % das horas pactadas, mentres que o absentismo por incapacidade temporal supuxo a perda do 5,2 % das horas pactadas no período referido", detalla Randstad.

Funcionario traballando nunha oficina
Funcionario traballando nunha oficina | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta