Notificado un caso importado do virus oropouche en Galicia

Ante un caso importado, destaca Sanidade, a probabilidade de transmisión secundaria dentro de Europa continental considérase "moi baixa", xa que os vectores habituais desta enfermidade (mosquitos Culicoides paraensis e Culex quinquefasciatus) non están presentes aquí

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/08/2024 | Actualizada ás 16:37

Comparte esta noticia

O Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias notificou a existencia dun caso probable importado de enfermidade causada por virus oropouche en Galicia.

En concreto, segundo apuntaron a Europa Press fontes da Consellería de Sanidade, trátase dun caso detectado no mes de xuño na área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, que non precisou ingreso en ningún momento e que evolucionou favorablemente.

Ante un caso importado, destaca Sanidade, a probabilidade de transmisión secundaria dentro de Europa continental considérase "moi baixa", xa que os vectores habituais desta enfermidade (mosquitos Culicoides paraensis e Culex quinquefasciatus) non están presentes aquí.

No entanto, non hai evidencia de que as especies europeas de mosquitos non poidan transmitir este virus, polo que se recomenda aos casos evitar picaduras con medidas como aplicar insecticidas e repelentes, utilizar mosquiteras, usar roupa que cubra a pel no exterior e manter unha boa hixiene persoal.

A enfermidade por virus oropouche é unha enfermidade zoonótica transmitida pola picadura de mosquitos e causada polo virus Oropouche (OROV). O Ministerio de Sanidade sinalou que se notificaron brotes desta enfermidade en humanos en varios países de América do Sur como Brasil, Perú, Arxentina, Bolivia e Colombia, mesmo no Caribe como Cuba, Panamá ou Trinidad e Tobago. No caso de España, trátase dalgúns casos importados.

A enfermidade por virus oropouche pode manifestarse como unha enfermidade febril aguda (con cefalea, náuseas, vómitos, dores musculares e articulares) de 4 a 8 días de duración (rango entre 3 e 21 días), aínda que ocasionalmente pode provocar síntomas máis graves (por exemplo, hemorraxias e meninxites).

Insecto jején 'Culicoides paraensis' (o máis pequeno na foto) e 'Culex quinquefasciatus' (o máis grande na foto) Imaxe. BRUNA LAIS SENA DO NASCIMENTO // OPS / Europa Press
Insecto jején 'Culicoides paraensis' (o máis pequeno na foto) e 'Culex quinquefasciatus' (o máis grande na foto) Imaxe. BRUNA LAIS SENA DO NASCIMENTO // OPS / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta