Praias galegas que son un tesouro: un areal de Bandeira Azul coñecido polas súas beneficiosas augas

Punto polo que pasa o Camiño portugués da costa e moi preto do núcleo urbano.

Por Amanda Fernández | Lugo | 31/08/2024 | Actualizada ás 21:05

Comparte esta noticia

Dende o Galicia Confidencial  continuamos a percorrer a costa galega con parada en praias que son un auténtico tesouro. Desta volta imos ao sur moi preto da fronteira co país veciño de Portugal. Situada no concello de A Guarda e saíndo en dirección Baiona pola PO-552, presentamos a praia de Area Grande. Caracterízase pola súa area dourada e polas súas augas do océano Atlántico e, polo tanto, ben fresquiñas e de frouxo oleaxe. Está relativamente preto ao núcleo urbano, o que permite chegar a ela a pé e ten sona polas propiedades beneficiosas das súas augas iodadas, boas para as enfermidades reumáticas e dermatolóxicas.

Praia de Area Grande
Praia de Area Grande | Fonte: Turismo de Galicia

Pasas por aí e case sempre hai alguén gozando do baño e algúns ata optan por saltar desde unha zona en concreto, co que hai que ter coidado debido á proximidade das rochas. Este areal é un dos 60 da provincia de Pontevedra que contan co distintivo de Bandeira Azul, o que garante todos os servizos para gozar dunha xornada de praia: onde comer, servizos, duchas, calidade da auga, centro de salvamento e socorrismo, aparcamento... 

O CAMIÑO PORTUGUÉS DA COSTA

A Guarda constitúe o último porto atlántico de Galicia e coa mira posta sobre Portugal. De feito nesta praia non sorprende escoitar falar portugués. O que tamén destaca é ter xente de todas as idades pese a que o areal non é moi extenso, dende xente maior ata os máis pequenos gozando no lugar. Preto desta hai outras dúas praias que complentan o litoral da vila: Fedorento e O Carreiro. 

Con todo o mencionado tamén a praia de Area Grande destaca porque por esta transcorre a ruta das cetáreas e o Camiño portugués da costa sinalizado xusto en fronte do areal. E se un pasa polo restaurante que hai en fronte verá como o sentido do olfato se agudiza co que arrecende a marisco do bo!

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta