Ecoloxistas en Acción pide medidas para evitar a turismofobia en Galicia

Amosase contraria a terminoloxías como a de "fodechinchos". A organización tamén pediu aos gobernos europeos que se comprometan a reducir a deforestación

Por Galicia Confidencial | Compostela | 22/08/2024 | Actualizada ás 12:46

Comparte esta noticia

Ecoloxistas en Acción está en contra da turismofobia. Cre que a masificación turística, sumada as prácticas irrespetuosas do sector, están provocando que se multipliquen as expresións de turismofobia, como a de fodechinchos, entre a poboación galega que sufre as negatividades do actual modelo turístico.

Cartel dun bar de Mera avisando sobre os fodechinchos
Cartel dun bar de Mera avisando sobre os fodechinchos | Fonte: Tuiter

A organización ecoloxista denuncia que o exceso de ocupación turística desborda as infraestructuras provocando unha merma da calidade de vida da poboación sen que a administración galega faga nada para remedialo. Para a organización ecoloxista é necesaria unha planificación e regulación da presión demográfica, que sucede sobre todo na temporada de vacacións estivais, para evitar que a masificación continúe danando o entorno natural e impedindo á poboación residente desenvolver a súa vida con normalidade.

Ecoloxistas en Acción ve positivo que os medios de comunicación comecen a reflexar as expresións de rexeitamento ás negatividades sobre explotación turística,  pero advirte que pode ser perigoso que se faga un tratamento vanal da turismofobia e se omitan os prexuizos que a provocan.

“Entendemos as expresións de turismofobia como unha impugnación popular ao actual modelo turístico, como unha defensa do territorio e da súa xente, pero rexeitamos calquera enfrontamento cos turistas”, declara Xaquín Pastoriza, coordinador do grupo Rías Baixas de Ecoloxistas en Acción.

REFORESTACIÓN

Ecoloxistas en Acción pediu aos gobernos europeos que se comprometan a reducir a deforestación e destacou que unha "ferramenta fundamental para mitigar esta problemática" é o EUDR, un regulamento que busca abordar a deforestación e a degradación forestal vinculadas ao consumo e produción na Unión Europea (UE) do gando, aceite de palma, soia, cacao, café, madeira e caucho.

"O EUDR pode protexer os bosques, promovendo a mitigación do cambio climático e os seus efectos globais, que aumentan o risco de incendios. Con todo, o seu éxito depende da implementación inmediata e o cumprimento rigoroso por parte de todos os Estados membros da UE", subliñou a portavoz do grupo ecoloxista, Silvia Fernández.

Tal e como indicou Ecoloxistas en Acción, o consumo da UE é un factor crave na deforestación e degradación forestal en todo o mundo. Neste sentido, lembrou que a expansión agraria causa "preto do 90% da deforestación mundial, especialmente no Sur global, onde se produce a maior parte dos alimentos". En concreto, o 58% da deforestación mundial vinculada á agricultura entre 2001 e 2015 (123 millóns de hectáreas) correspondeu só a gando, aceite de palma, soia, cacao, café, madeira e caucho.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Sentidiño

Non se pode ser máis incoherente: un fodechinchos é un terrorista ambiental!

1 Moine

Umha pergunta: Que tem que ver o dos fode-chinchos com a ecologia?