Beiras toma o protagonismo de En Marea

O veterano líder nacionalista inicia unha intensa xira electoral que o levará a percorrer todas as provincias galegas.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 15/12/2015 | Actualizada ás 12:21

Comparte esta noticia

O portavoz nacional de Anova e de Alternativa Galega de Esquerda (AGE), Xosé Manuel Beiras, asume o protagonismo de En Marea na parte final desta campaña. O veterano político nacionalista iniciou este luns en Lugo unha intensa xira que o levará polas catro provincias galegas durante esta semana.

Xosé Manuel Beiras nun mitin de En Marea en Lugo, xunto con Fernán Vello
Xosé Manuel Beiras nun mitin de En Marea en Lugo, xunto con Fernán Vello | Fonte: enmarea.gal

Beiras comezou a súa particular carreira electoral en Lugo xunto ao alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e o cabeza de lista por Lugo de En Marea, Miguel Anxo Fernán Vello, no mitin que se celebrará no Instituto Virxe dos Ollos Grandes.  Nesa provincia, á coalición En Marea podería obter un escano segundo as últimas enquisas.

Este martes,  Beiras arroupará, xunto aos alcaldes de Santiago, A Coruña e Ferrol, ao candidato de En Marea por Ourense, mentres que o mércores participará no mitin central de Santiago, onde tamén estará a deputada Yolanda Díaz, número dous ao Congreso de En Marea pola Coruña. Precisamente, ese día Pablo Iglesias aterrará na Coruña para participar no único mítin en Galicia da campaña.

O xoves, Beiras desprazarase até Pontevedra para acompañar a Alexandra Fernández e Ánxela Rodríguez, número 1 e 2 por esa circunscrición respectivamente, no acto que terá lugar no Colexio Froebel, e o venres participará no peche de campaña, en Vigo, xunto aos catro cabezas de lista de En Marea. 

Xosé Manuel Beiras nun mitin de En Marea en Lugo
Xosé Manuel Beiras nun mitin de En Marea en Lugo | Fonte: enmarea.gal
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 19 comentarios

3 Voto Util

As Mareas son a única posibilidade que hai pra rematar cas políticias de dereitas, acadar grupo parlamentar galego por primeira vez e colocarse en boa posición pra loitar polo goberno de Galiza. Que os votantes do bloque ó pensen ben antes de tirar o seu voto ó lixo votando por un BNG que vai quedar fora do parlamento.

1 Turple

O voto útil sempre foi o PsoE, por iso cando hai que apoialo fano tanto os das Mareas como os do BNG.

2 Útil para quen?

Agora os que van loitar por Galiza son Podemos e Esquerda Unida, non? Que se quiten os do Bloque, que xa arranxamos desde Madrid.

2 Zé da Terra

Beiras é o Piñeiro do noso tempo. Cada certo tempo o nacionalismo galego produce un entreguista, traidor e servil do españolismo. E cando van en parella, moito pior (por certo, o tal Fernán Vello ía comer e defender as v ieiras furtivas da Toñita Vicente, pois o tal non é veciño da provincia de Lugo, desde hai moitas décadas asentado --e nunca mellor dito-- en Compostela, puro paracaidista acomodado polo señorito). E non defendo aos vendidos do BNG, que son parte esencial do problema, pero menos aos traidores tóxicos.

1 Karnotxo

jajajajajajajajaja...!!! Que maliño andas da cabeza, neno! jajaja

2 jijijijiji...jilito

Karnotxo, rebate con argumentos, se os tes, que con risiñas e fume non se tapan feitos probados.

1 Independencia

16 de decembro Dia do Paracaidismo" Non aos limpabotas dos españois.

1 comunista independentista

Anda que non limparon botas a españois o Paco Zarzuelas e outros do BnG no Congreso. Se calarades a boquiña...