Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/08/2024 | Actualizada ás 12:49
A Dirección Xeral de Tráfico (DGT) prevé 4.760.000 movementos de longo percorrido con motivo da operación retorno do verán que se porá en marcha desde as 15 horas deste venres e prolongarase ata a medianoite do domingo, 1 de setembro.
No caso de Galicia, de acordo cos datos achegados a Europa Press, serán 631.000 vehículos, o 78 por cento do total do previsto no noroeste de España. Deles 97.000 corresponden á provincia de Lugo; 121.000 á de Ourense; 186.000 á da Coruña e 227.000 á de Pontevedra.
Nesta operación coincidirán os movementos de retorno que serán graduados durante o fin de semana, principalmente o domingo e os días previos, desde as zonas turísticas de costa e descanso cara aos grandes núcleos urbanos, con movementos de saída que se produzan tamén polo comezo do mes vacacional de setembro.
Ademais, durante estes días tamén está previsto que siga producíndose unha importante afluencia de vehículos nos principais eixos e pasos fronteirizos polo retorno cara a países europeos de residencia habitual.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.