Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 30/08/2024 | Actualizada ás 11:05
Un incendio rexistrado no concello pontevedrés de Crecente, na parroquia de Filgueira, atópase controlado, segundo informou a Consellería de Medio Rural. De acordo coas últimas estimacións, afecta a unha superficie de 30 hectáreas. O lume quedou controlado ás 08:38 horas de hoxe tras iniciarse o xoves sobre as 23.27 horas.
Para o seu control, mobilizáronse, ata o momento, entre medios materiais e humanos, un técnico, doce axentes, 17 brigadas, 18 motobomas e tres pas. A Consellería do Medio Rural lembra que esta a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.