Galicia rexistra 180 licenzas de construción en maio, un 16% menos que o ano pasado

A cifra de novas licenzas para edificacións de nova planta sube en comparación co mes anterior, pero descende en relación a maio de 2023, segundo o IGE.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 30/08/2024 | Actualizada ás 13:52

Comparte esta noticia

Galicia rexistrou en maio deste ano 180 licenzas de construción para edificacións de nova planta, 10 máis que o mes anterior, pero case un 16 % menos que en maio de 2023, segundo os datos feitos públicos este venres polo Instituto Galego de Estatística (IGE).

Por outra banda, no quinto mes do ano concedéronse, sobre edificacións xa existentes, 161 licenzas para obras de rehabilitación e outras 26 licenzas para obras de demolición de edificios.

Estas licenzas permitirán construír 240 novas vivendas. O número de vivendas creadas en rehabilitación será de 54 e as vivendas a demolar, 68, polo que a variación neta do parque de vivendas en maio foi positiva (226 vivendas).

Con respecto ás cifras de maio de 2023, construiranse 34 edificios de nova planta menos; tamén descenderon o número de vivendas a construír (141 menos) e a rehabilitar (12 menos). Igualmente, baixan en 10 os edificios a rehabilitar con respecto a hai un ano e demoleranse dous edificios menos.

Evolución da variación neta do parque de vivendas en Galicia, segundo o IGE.. IGE
Evolución da variación neta do parque de vivendas en Galicia, segundo o IGE.. IGE | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta