En Marea, o gran inimigo do PSdeG de cara ás autonómicas

José Ramón Besteiro insiste en que o PSdeG segue sendo a segunda forza en Galicia porque En Marea é un conxunto de partidos "nacionalistas a tempo completo, nacionalistas a tempo parcial, nacionalistas do 25 de xullo, comunistas e postcomunistas".

Por Galicia Confidencial | Compostela | 27/12/2015 | Actualizada ás 15:58

Comparte esta noticia

As eleccións xerais provocaron un cambio de tendencia política en Galicia. O PSdeG quedou como terceira forza política, detrás de En Marea, que tamén está moi preto de ser a primeira forza política nas grandes cidades galegas.

José Ramón Besteiro nunha rolda de prensa
José Ramón Besteiro nunha rolda de prensa | Fonte: psdeg-psoe.org

Por iso, o secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, mandou este domingo unha mensaxe alta e clara; o PSdeG segue sendo o segundo partido político de Galicia "porque a Marea é unha coalición de partidos".

O líder dos socialistas galegos insistiu na mesma idea dos últimos días; a coalición de Anova, Podemos e EU é de "nacionalistas a tempo completo, nacionalistas a tempo parcial, nacionalistas do 25 de xullo, comunistas e postcomunistas".

Ademais, criticou que a súa prioridade sexa a "autodeterminacion". Por iso, en contraposición a En Marea, Besteiro defende a coherencia do PSdeG-PSOE que traballa pola reconstrución social e non pola construción nacional, "a liña vermella sobre a unidade territorial para o PSOE é unha obviedade".

Nunha entrevista na Cadena Ser, suliñou que no 20D preguntouse á cidadanía polas súas preferencias para un goberno a nivel estatal, pero nas autonómicas consultaráselles quen queren que goberne en Galicia. Polo tanto, dixo, "non se poden estrapolar os resultados". "En Marea terá que madurar e dicir que quere facer en Galicia".

En relación a súa candidatura á Presidencia da Xunta, Besteiro dixo que leva "tempo traballando niso" e precisou que confía en que a súa imputación "quede pronto disipada".

O líder socialista apoia a postura manifestada por Pedro Sánchez despois do 20D. E se Mariano Rajoy non é quen de formar goberno sexa o PSOE quen "dea un paso" e trate de presentar unha alternativa. Sobre as diferencias internas no seu partido, Besteiro teno claro; "Pedro Sánchez está a actuar de forma responsable".

Finalmente, criticou que seis dos deputados socialistas no Parlamento galego se abstiveran na votación de Modesto Pose como senador por designación autonómica. "Eu se fora deputado non o faría, asumiría a decisión da executiva", concluíu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

2 Gamela

Con Garañón ou sen Garañón Besteiro faría ben en limpar a boca: ZP-PepeBlanco-PachiVázquez-Orozco-CarmelaSilva-AbelCaballero... e logo disque houbo 6 que votaron coma quixeron? Serán os máis sensatos que quedan... No PSdG vai moito tempo que cada quen anda a rañala coma lle peta! Por favor, en Vigo xa non sabemos se temos un Caudillo (a secas) ou aturamos un Partido Caudillista (?) Cruz dos Caídos incluída !!! Cantas tonterías máis imos ter que aturar nesta Terra ? /// http://www.noticiasvigo.es/feliz-na... E triste ter que escribirlle cartas aos Reis Magos... En Vigo nin sabemos quén é do PSOE coma moito existen Abelistas e gracias!

1 Garañón

O do maletín dos 36.000 euros, pretendendo dar leccións. Manda carallo¡¡