Os resultados electorais do día 20 confirman como era previsto que o sistema instala ao seu antoxo e segundo as súas necesidades aos actores políticos que máis lle serven para a gobernabilidad da democracia capitalista.
A restauración borbónica ten na actualidade un único partido, con catro correntes internas, que se diferencian en aspectos secundarios. Todos responden á mesma matriz, que é defender o modelo herdado do franquismo.
Malia que unha parte importante da sociedade como en Galicia, ha votando pola ilusión do cambio. Este é o caso dos votantes de Podemos, do propio PSOE, IU, Mareas e outros partidos denominados progresistas. Aínda cando gaña a hipotética esquerda, termina gobernado esta, con parámetros de dereita. Isto configura a política, nunha expresión souben estructural esquizofrénica, no marco desta sociedade baseada na inmoralidad, a inxustiza e a corrupción. Convertendo á democracia na ditadura dos capitais e os medios de produción, onde son os donos dos instrumentos de comunicación, que xeran a “mala” conciencia e os votos.
As clases dominantes son as propietarias das palancas fundamentais da economía, que son utilizadas para seguir explotando a millóns de traballadores/as, deixando á mocidade sen futuro ou enviándoa á emigración. Mentres o conxuntos da sociedade perden servizos públicos, recórtanse os orzamentos en educación, sanidade e cultura. Doutra banda o Estado convértese en ente policial, abalado por leis antidemocráticas. Aí esta o caso da Lei Mordaza, condena de Otegi, a persecución dos militantes independentistas galegos etc.
En Galicia a experiencia destas últimas décadas indica que é necesario impulsar un novo instrumento político auténticamente trasformador desta sociedade, que transite por un novo modelo social, económico e político, baseado no anti capitalismo, os dereitos nacionais de Galicia e o socialismo.
Seguen sendo os traballadores, os traballadores desempregados, os mozos rebeldes, as mulleres discriminadas, os máis interesados nestes cambios profundos, que nos permitan unha verdadeira ruptura democrática e abra un proceso constituinte que declare a terceira republica, popular e democrática, que inclúa os dereitos dos pobos ao seu autodeterminación e abra o camiño cara ao socialismo.
A construción deste novo instrumento político requirise de avances e retrocesos e a súa constitución estará no marco da loita de clases: Movilización popular, rebelión social, organización, formación política e programa estratéxico de esquerdas. Tamén ilusión e coraxe.
É necesario terminar co tacticismo electoral, que nos impón o sistema. As eleccións son parte tamén da loita de clases e debe ser un aspecto máis da loita política, non un fin en si mesmo.
Ante este escenario político actual de crise de representación da verdadeira esquerda patriótica, produto de varias décadas de erros reformistas, facemos un chamamento a outras organizacións, a militantes políticos e sociais para crear de conxunto este novo suxeito político baseado nun programa anticapitalista, patriótico, republicano, socialista, libertario, feminista, ecoloxista e humanista, respectando os acenos de identidade dos participantes, no marco de relacións fraternaiss e solidarias.
Por unha República Galega e Socialista.