Beneficios dos montes galegos: a CCMM de Baroña, un centro de transformación de madeira, gandeiría ou apicultura

Realizan diferentes aproveitamentos, desde madeira, gandería, apicultura, micoloxía e concienciación e educación ambiental.

Por Amanda Fernández | Lugo | 11/10/2024 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

Continuamos coa nosa serie Beneficios dos montes galegos, desta volta coñecemos a xestión da Comunidade de Montes de Baroña (Porto do Son), constituida polos Montes Veciñais e Mancomún de Barbanza, Enxa, Xián, Dordo, Costa de Abaixo e O Sobrado. Ocupa 878 hectáreas, xestionadas por 170 comuneiros e comuneiras, que deciden como xestionalas de forma asamblearia. "Leva constituída legalmente desde o 1979, aínda que a xestión e aproveitamento por parte dos veciños xa é desde tempos inmemoriais", expón Ovidio Queiruga, presidente da Comunidade de Montes, dende hai catro anos. 

Comunidade de montes de Baroña
Comunidade de montes de Baroña | Fonte: Facebook

É un monte funcional, con diferentes aproveitamentos, un dos principais a madeira, basicamente conformada por piñeiro, pouco eucalipto, e outras especies de frondosas, para definir as zonas de protección das aldeas de cara a incendios forestais. Outros aproveitamentos como a resina, a gandería, apicultura, aproveitamento micolóxico e a parte de cultura ambiental que deben ter os montes veciñais. 

OS APROVEITAMENTOS, EN DETALLE

Recoñece o presidente que en Baroña contan cun aproveitamento forestal "moi forte" cun monte repoboado, con moita madeira para a xestión das masas forestais. Porén, é un monte situado moi cerca do mar, que repercute na acidez do terreo e pouca profundidade de solo, polo tanto, non se xera madeira de calidade. Lonxe de ser un inconvinte, nesta comunidade de montes convertéronse nos "primeiros productores de resina de Galicia". Aproveitaron ese recurso dos piñeiros mentre van medrando para ter quenda de corta de madeira e "se saca outra rendibilidade". 

Para o coidado deste monte contan co recurso da gandería xa que contan con 150 cabalos, 70 cabras, 56 ovellas e 24 vacas, que pastan en diferentes zonas, en función da vexetación. "O cabalo, por exemplo, onde hai toxos ou así e as vacas e ovellas, en zonas de pasto. Isto axuda a diferenciar as masas forestais para o tema de prevención de incendios", sinala Queiruga. Así, dentro do territorio contan con 100 hectáreas de coto milóxico, regulado pola Xunta de Galicia. As persoas interesadas poderían acceder ao mesmo cun "carné de autorización da comunidade".  A apicultura tamén xoga un papel clave nesta CCMM pola "importancia que teñen as avellas na polinización". 

Apicultura na CCMM de Baroña
Apicultura na CCMM de Baroña | Fonte: Facebook

Outro aproveitamento imprescindible consiste nas cuestións de educación ambiental, cultural e cosnervación do patrimonio. "Realízanse moitas actividades ao longo do ano, desde xornadas de eliminación de especies invadoras, de rexeneración ambiental a plantacións con nenos ou de identificación de especies vexetais e animais", comenta. Todos estes aproveitamentos permiten a creación de emprego e son 10 as persoas que están contratadas coa finalidade de xestionar os memos. 

AS AMEAZAS ÁS QUE SE ENFRONTAN

Actualmente teñen as especies invasoras localizadas, sendo a acacia a de maior presenza, pero delimitada no plan de organización. Así, realízanse traballos de eliminación e control da mesma que se van documentando ao longo do ano. En outras ameazas, estaría o risco de incendio e desde o ano 2013 non experimentaron ningún na zona: "Levamos desde ese ano sen riscos de incendios significativos". No caso das pragas ou humidades menciona que chegou a Galicia unha enfermidade, denominada "a banda marrón" que afecta "aos piñeiros na especie pinus radiata". 

O feito de manter as ameazas a raia débese a unha xestión moi activa no monte: "Nótase cando estás enrriba do monte, identificas y eliminas antes de que se converta nun problema". O Monte de Baroña é moi activo e accesible, realizan moitas rutas de senderismo, ciclistas, cabalares,... Un espazo no que a xente pasea e desfruta do patrimonio. Os comuneiros e comuneiras, segundo indica Ovidio, teñen dúas labores: "Realizar visitas guiadas, promocionar terreos e elementos patrimoniais para a xente que visita o monte. Porén, tamén de cara a prevención de incendios, realízanse grupos para estar no monte durante o ano e ver que ninguén queira prender lume". 

"ESTAMOS LEVANDO A CABO UN CENTRO DE TRANSFORMACIÓN"

"A nosa comunidade non depende da administración como ocorre con outros montes, nin con convenio nin consorcio", afirma, xa que neste caso da xestión encárgase a propia comunidade e solicita á administración os correspondentes "permisos de corta ou autorizacións sectoriais". Pese a non depender e non acollerse a un plan de xestión imposto, si contan coa posibilidade de optar a axudas "vinculadas á mellora das masas forestais". 

Cal é o voso próximo reto? "A día de hoxe estamos con proxectos novedosos para o tema da transformación dos productos no noso monte, xa sexa carne ou mel, ou outros que introducimos nestes últimos, como froitos do bosque ou shiitake". Así, crearíase un centro de transformación, un espazo "aberto á colectividade máis aló da comunidade de montes como tal". Poderían veciños ou persoal da contorna transformar os seus productos tanto cárnicos como vexetais e así darlles un valor engadido, xa que saen dos nosos montes. 

"Este é o novo reto que procuramos, non só por termos económicos, senón pola visibilidade do que facemos por medio da transformación, facer productos, xa sexan carne, mel, dos que se entenda a súa procedencia, de cara a transformar e xerar valor engadido", manifesta o prsidente desta comunidade que busca chegar á xente. Considera que a falta de visibilidade é un problema que teñen nos montes veciñais e mancomúns e que xeran alternativas boas ao monte tradicional que non chegan: "A xente pensará que os montes están aí abandonados, que son de todos e están aí agardando a que ardan. Temos que demostrar que non, os montes teñen un enrome potencial e temos que saber aproveitalo". 

Gandeiría na CCMM de Baroña
Gandeiría na CCMM de Baroña | Fonte: Facebook
Ruta cabalar na CCMM de Baroña
Ruta cabalar na CCMM de Baroña | Fonte: Facebook
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta