A Xunta aproba "pola porta de atrás" medidas para defender os proxectos eólicos en Galicia

Prolongará o tempo do permiso de explotación se hai recurso xudicial e incorpora as denominadas "zonas de aceleración renovable eólica". Faino coa modificación, a través da lei de acompañamento,do plan sectorial para polo en sintonía coa súa nova política enerxética.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/10/2024 | Actualizada ás 20:00

Comparte esta noticia

O prazo para pedir a explotación dun parque eólico en Galicia quedará suspendido no caso de que exista un pronunciamento por parte dun órgano administrativo ou xudicial que suspenda a eficacia da resolución de autorización administrativa previa e de construción.

En concreto, a resolución de autorización administrativa previa e de construción destas instalacións expresa que o promotor dispón dun prazo de tres anos, a partir do seu outorgamento, para solicitar a correspondente autorización de explotación. "En caso de incumprimento, poderá producirse a súa revogación, previa audiencia do interesado", recollía ata o momento a lei pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e créanse o canon eólico e o fondo de compensación ambiental.

E como fará isto a Xunta?. Pois será a través da "porta e atrás", como ten dito a oposición. Utiliza a lei de medidas fiscais e administrativas de 2025, a que acompaña ao proxecto de orzamentos --que o conselleiro de Facenda entregou este sábado ao presidente do Parlamento--, para introducir distintos matices: este prazo "quedará suspendido no caso de que exista un pronunciamento por parte dun órgano administrativo ou xudicial que suspenda a eficacia da resolución de autorización administrativa previa e de construción".

Esta modificación, que recolle Europa Press, prodúcese nun contexto no que son numerosos os fallos do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) que suspenden autorizacións de parques.

NOVA POLÍTICA ENERXÉTICA

Aínda en relación coa lei do aproveitamento eólico, a Xunta prevé actualizar o plan sectorial mediante a lei de medidas para polo en sintonía coa nova política enerxética impulsada polo Executivo autonómico. Así, agrega novos obxectivos da eólica como o de "contribuír á redución de custos da enerxía" e a "dependencia enerxética dos consumidores locais e industrias das zonas situadas no ámbito de influencia dos proxectos".

Tamén apunta como finalidade desta enerxía "garantir, en xeral, a dispoñibilidade dunha parte da enerxía xerada polos parques eólicos por parte dos consumidores galegos con prezos estables a medio e longo prazo, evitando a variabilidade dos custos enerxéticos". Outro dos aspectos que quere incluír a Xunta na lei a través da norma de acompañamento é as relativo a excepcións de implantación de parques.

Os parques eólicos "non poderán implantarse fóra das áreas incluídas no plan sectorial eólico de Galicia, fóra das modificacións substanciais dos parques en funcionamento nos termos que se desenvolvan reglamentariamente, así como aqueles proxectos que teñan unha clara incidencia territorial pola súa entidade económica e social".

Tamén poderán implantarse "fóra das áreas incluídas no plan sectorial eólico de Galicia os proxectos declarados de especial interese público social e económico", en consonancia, precisamente, co establecido na lei de promoción dos beneficios sociais e económicos dos proxectos que utilizan os recursos naturais de Galicia, que está previsto que o pleno do Parlamento debata e vote este martes.

ZONAS "DE ACELERACIÓN" RENOVABLE EÓLICA

Coa lei de medidas fiscais e administrativas para o ano que vén, o Executivo autonómico ten a intención de engadir unha disposición adicional á lei do eólico para impulsar a elaboración dunha base de datos cartográfica das zonas "necesarias" para o despregamento desta enerxía renovable.

Tamén incorpora outra disposición adicional sobre as denominadas "zonas de aceleración renovable eólica", instrumentos que, segundo explica, designarán zonas terrestres "suficientemente homoxéneas" nas que "non se prevexa que o despregamento de enerxía eólica vaia a ter un impacto ambiental significativo, tendo en conta as particularidades da zona seleccionada".

A maiores, outra disposición adicional refírese a as áreas de infraestrutura específicas para a execución dos proxectos de rede necesarios para integrar a enerxía renovable no sistema eléctrico.

Parque eólico. DFA
Parque eólico. DFA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta