Unha muller nega ter quedado con diñeiro do seu tío de 86 anos, que sufría deterioro cognitivo

A Audiencia Provincial de Ourense xulgou este mércores a unha muller acusada de quedar co diñeiro das contas do seu tío, que sufría unha deterioración cognitiva e que a nomeou apoderada con amplas facultades. Na vista, a procesada negou os feitos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/11/2024 | Actualizada ás 20:25

Comparte esta noticia



A Audiencia Provincial de Ourense xulgou este mércores a unha muller acusada de quedar co diñeiro das contas do seu tío, que sufría unha deterioración cognitiva e que a nomeou apoderada con amplas facultades. Na vista, a procesada negou os feitos.

Segundo o escrito fiscal o sucedido comeza en setembro do 2019, cando a vítima, un home de 86 anos afectado por unha deterioración cognitiva de orixe vascular. En concreto, sufrira un síncope na vía pública do Carballiño, desde onde foi trasladado ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense e dado de alta ao día seguinte.

A acusada, coñecedora de que o único fillo da vítima residía en Roma, trasladou ao home ao seu domicilio e non informou á familia directa da situación. Ademais, a Fiscalía sinala que, no mesmo mes, "aproveitándose da deterioración e a ausencia do resto da familia" do seu tío, sen falalo previamente co seu primo e único fillo da vítima, levou ao octoxenario ante o notario, quen lle outorgou senllas escrituras públicas.

Unha delas, segundo o ministerio público, nomeaba á acusada como apoderada con amplas facultades, particularmente, respecto de calquera das contas da que fose o titular ou cotitular, e en calquera entidade de crédito para realizar todos os actos admitidos pola práctica bancaria. Ademais, noutra escritura da mesma data, designouna titora para o caso de incapacidade.

O verán seguinte a muller acompañou ao seu tío á casa de maiores onde ingresou e residiu ata a data do seu falecemento en abril do 2021. "A acusada, con intención de obter un beneficio patrimonial ilícito e facendo uso dos poderes que o acusado lle concedeu e das facultades como autorizada nas contas"- recolle o escrito fiscal-, retirou entre eses meses reintegros en efectivos con cartón de débito por importe de 22.800 euros e realizou pagos co cartón por importe 20.219 euros.

Ela negou os feitos e dixo que durante a pandemia o seu tío regaloulle unha Thermomix e unha piscina desmontable que ascendia a máis de 1.000 euros. Tamén manifestou que ingresou na casa de maiores porque quixo, tras falar cun amigo que se atopaba alí.

Sen emabrgo, a versión do primo, fillo da vítima que exerce a acusación particular, é que tiña boa relación coa súa curmá ata o verán do 2019. El vive en Roma e ao longo dos anos chamaba ao seu pai todos os meses e "máis veces se había ocasións especiais" como festas ou aniversarios.

Ademais, dixo que no verán adoitaba volver a Galicia e que, cando o fixo no 2019, viuno "mal", con "problemas serios", como que "confundía horarios", pero "tiña un carácter forte" e non "adoitaba pedir axuda". Tamén sinalou que o home "non quería moverse do Carballiño", polo que confío na contorna familiar.

O fillo do octoxenario sostivo que a relación comezou a torcerse coa súa curmá cando ese verán a súa muller viaxou desde Italia para ver ao seu sogro e esta non lle abriu as portas do domicilio.

Ademais, dixo que a situación foi a máis en setembro tras a caída do pai, da que el non se decatou ata outubro. Sobre este punto, asegurou que descubriu este feito ao non ser capaz de contactar co seu proxenitor o 7 de outubro, data dos seus aniversarios.

Por iso, explicou que chamou á curmá, que lle contou a caída e díxolle que se fixo cargo. Despois coincidiu co peche pola pandemia e cando volveu ver ao seu pai "era como un neno, perdera moito". Do desfalco das contas, conforme ha apuntaod, non se decatou ata o 2021 e "ela tiña o cartón" e o acceso e "podía facer movementos".

Os forenses que compareceron na sala determinaron que a deterioración cognitiva vascular era "de grao moderado", polo que non necesitaría axuda de terceiras persoas para actividades básicas, pero "é posible e probable" que tivese afectadas as capacidades para "realizar actividades máis complexas". "A partir do 16 de setembro non considero que estivese válido", manifestou un dos peritos.

Así as cousas, Fiscalía solicita tres anos de prisión por un delito de administración desleal por considerar "significativo" o "cambio no control das contas" e porque "os gastos se disparan" unha vez que é ela titular e "non para atender" ao seu tío, que xa se atopaba ingresado no centro de maiores.

"Non falamos de engano senón de que se excedeu no uso dos poderes para levar a cabo o desfalco", expuxo a representante do Ministerio Público, pondo como exemplos gastos de centenares de euros en estancos e máis de 3.000 euros na Clínica Navarra. Tamén afirmou que a acusada "creou unha situación de vulnerabilidade".

Pola súa banda, a acusación particular pide seis anos de prisión por un delito de estafa por considerar que "si houbo engano". Para a defensa "non houbo nin engano nin dolo" e a sentenza debe de ser absolutoria.

Audiencia provincial de Ourense
Audiencia provincial de Ourense | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta