Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 07/11/2024 | Actualizada ás 14:30
Un camión acabou no fondo dun terraplén tras saírse da vía e envorcar nunha curva situada no quilómetro 3 da estrada que conduce de Feá a Toén, neste último municipio ourensán. A pesar da aparatosidade do accidente, o condutor resultou ileso. Segundo informou o CIAE 112 Galicia, o accidente tivo lugar sobre as 11.15 horas, cando informaron dos feitos os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. O vehículo, que transportaba terra, deu varias voltas de campá antes de acabar no fondo dun terraplén.
Cando chegaron os equipos de emerxencias, confirmaron que o condutor se atopaba liberado e accesible. No operativo participaron, ademais dos servizos sanitarios, os Bombeiros do Carballiño, a Garda Civil de Tráfico, o GES de Ribadavia e os voluntarios de Protección Civil de Toén.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.