Un falso bodegueiro, condenado a máis de 5 anos de prisión

Os maxistrados indican na sentenza que o condenado se fixo pasar por un "representante dunha empresa vinícola e futuro empresario adegueiro" para conseguir beneficios económicos por medio de transferencias bancarias que se realizaban á conta da que era titular a súa parella, tamén acusada.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/11/2024 | Actualizada ás 18:56

Comparte esta noticia

A sección segunda da Audiencia Provincial da Coruña condenou a cinco anos e oito meses de prisión a un home por cometer dous delitos continuados, un de estafa e, o outro, de falsidade en documento mercantil na área da Coruña, segundo informa o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG). Os maxistrados indican na sentenza que o condenado se fixo pasar por un "representante dunha empresa vinícola e futuro empresario adegueiro" para conseguir beneficios económicos por medio de transferencias bancarias que se realizaban á conta da que era titular a súa parella, tamén acusada.

Os maxistrados, baseándose nas probas documentais e testificais, consideran probado que o procesado, co fin de dar maior credibilidade á fraude, subtraeu varias notas promisorias do interior da oficina dun restaurante e falsificou as firmas para simular "a compravenda dunha adega e viñedo para a explotación vinícola". En canto á titular da conta bancaria, parella do acusado, a Sala absolveuna porque considera que, conforme á proba analizada, non hai indicios de que se beneficiou dos actos realizados por el ou de que tivese coñecemento da actividade delituosa. A sentenza non é firme pois cabe presentar recurso ante o alto tribunal galego.

Uva branca 'Ratiño galega'
Uva branca 'Ratiño galega' | Fonte: Galicia en viños - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta