Endesa preocupada pola "xudicialización" dos eólicos en Galicia: "Veremos o que sucede no futuro"

Por Europa Press / Redacción | Compostela | 19/11/2024 | Actualizada ás 14:04

Comparte esta noticia

O conselleiro delegado de Endesa, José Bogas, recoñeceu que existen "algúns problemas" como o tema de permisos para desenvolver parques eólicas en Galicia que sumarán 800 megawatts (MW) de capacidade e que serán claves para a reindustrialización da zona das Pontes (A Coruña).

Subliña que "o máis importante" para o bloqueo destes proxectos é a xudicialización destes procesos en Galicia. "Veremos o que sucede no futuro", engade. Así o expuxo nunha conferencia con analistas para presentar o novo plan estratéxico da compañía para o período 2025-2027.

Noutra orde de cousas, Bogas considerou "imposible" que prospere a prórroga do imposto extraordinario ás enerxéticas "se nada cambia", xa que non conta cos apoios necesarios para saír adiante no Congreso, e advertiu de que "non é o momento de máis impostos, senón do investimento", se se queren alcanzar os obxectivos da transición enerxética.

José Bogas, conselleiro delegado de Endesa (esq) e Marco Palermo, director xeneral económico-financeiro. ENDESA
José Bogas, conselleiro delegado de Endesa (esq) e Marco Palermo, director xeneral económico-financeiro. ENDESA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta