Por Galicia Confidencial | Ourense | 03/12/2024 | Actualizada ás 09:00
A sede da Confederación de Empresarios de Ourense (CEO) albergou o pasado 26 de novembro o acto de entrega de galardóns da segunda edición do certamen trienal “Premio de Construción Sostible con Pizarra”, convocado polo Clúster da Pizarra de Galicia.
Dous premios foron concedidos a sendas obras, na categoría de Mellor Cuberta e Mellor Fachada, ademais dun Accésit especial que nesta edición concedeuse a unha terceira obra.
OBRAS PREMIADAS
Obra gañadora na Categoría de Mellor Cuberta: Edificacións Núcleo de Candeda
Arquitecto: Marcos Domínguez de Diego, TECSENPLAN S.L.P.
Promotor da obra: Concello de Carballeda de Valdeorras
Colocador: DINOR, S.L.
Obra gañadora na Categoría de Mellor Fachada: Nova Adega de Virgen del Galir en Éntoma.
Arquitecto: Ramiro Domínguez Real, TECSENPLAN S.L.P.
Promotor de la obra: VIRGEN DEL GALIR, S.L.U.
Colocador: CUBIERTAS HERMANOS BLANCO, S.L.U.
Obra galardonada cun Accésit: Albergue de Sobradelo
Arquitecto: Marcos Domínguez de Diego, TECSENPLAN S.L.P.
Promotor da obra: Concello de Carballeda de Valdeorras
Colocador: CUFA, Obras y Proyectos, S.L.
UNHA NOVA VIDA PARA AS CASAS REHABILITADAS EN CANDEDA TRAS O INCENDIO DO VERÁN DE 2022
O presidente do Clúster, Víctor Cobo, calificou o uso da pizarra en tódalas obras presentadas a concurso, de “orixinal, sostible e integrador”, e fixo mención especial á obra de rehabilitación do núcleo rural de Candeda, galardonada co premio á Mellor Cuberta, que reconstruiu tres vivendas arrasadas polo incendio forestal do verán de 2022. No acto de entrega de premios estiveron presentes veciños deste pequeno pobo, cuxas casas foron reconstruidas tralo incendio.
O XURADO
A elección dos premiados realizouse a cargo dun xurado formado por cinco membros: o delegado en Ourense do Colexio Oficial da Arquitectura Técnica, a delegada en Ourense do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, o xerente da Asociación Provincial de Empresarios da Construcción de Ourense, o secretario xeral da Confederación de Empresarios de Ourense, e o xerente do Clúster da Pizarra de Galicia.
No acto tamén estiveron presentes, a presidenta da Confederación de Empresarios de Ourense, Marisol Nóvoa, a alcaldesa de Carballeda, Mari Carmen González, en representación do seu Concello, promotor de dúas das tres obras premiadas; o Delegado Territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo e, pechando o acto, o Director Xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, quen destacou a importancia do sector da pizarra para Galicia.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.