Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/12/2024 | Actualizada ás 19:18
A Deputación da Coruña e Cáritas promoven proxectos de inserción laboral e apoio socioeducativo a menores en situación de risco social.
O presidente provincial, Valentín González Formoso, visitou a sede da rúa Violetas, na cidade herculina, para interesarse polos programas sociais que desenvolve a entidade coa colaboración da institución.
Na visita, desde Cáritas demandouse a colaboración das administracións para efectuar melloras no seu centro da rúa Violetas, no Barrio das Flores.
No caso do organismo provincial financia este ano con 30.700 euros dous programas sociais de Cáritas, un orientado ao desarollado de itinerarios personalizados de inclusión sociolaboral, e que este ano atendeu a 1.523 persoas, e outro de atención psicoeducativa dirixida a menores en situación de especial vulnerabilidade ou risco social.
Nesta mesma xornada, o presidente da Deputación da Coruña e a alcaldesa de Bergondo, Alejandra Pérez, visitaron a sede central de Genesal Energy, unha empresa 100% galega situada no polígono bergondés e dedicada ao deseño, fabricación e venda de grupos electrógenos.
Ademais, Formoso, xunto ao deputado de Deportes, Antonio Leira, participou na dársena de Oza na entrega aos responsables do Club Marítimo O Puntal dunha nova furgoneta.
O material está financiado polas liñas de subvencións da Deputación para entidades deportivas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.