Escritores e políticos defenden a pluralidade lingüística en España

Entre os asinantes está o escritor Manuel Rivas, o ex ministro Francisco Caamaño, o catedrático Ramón Máiz ou Fernando Ramallo, representante de España na Comisión de Seguimento da Carta Europea das linguas rexionais e minoritarias do Comité das Rexión.

Por Galicia Confidencial | Madrid | 26/02/2016 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

"Manifesto polo recoñecemento e o desenvolvemento da pluralidade lingüística en España". Así se chama o documento que asinaron preto de 240 persoas entre académicos, filósofos, historiadores, políticos, xornalistas ou escritores en defensa dun estado plurilingüe e pluricultural.

Manifestación de Queremos Galego a prol da lingua
Manifestación de Queremos Galego a prol da lingua | Fonte: queremosgalego.com

O manifesto, asinado entre outros por Carmen Riera, Manuel Rivas, Bernardo Atxaga, Daniel Innerarity ou Manuel Cruz, presentouse este xoves na sede da Asociación de Xornalistas Europeos, e destaca que "o pluralismo non é a excepción senón a regra nas sociedades humanas". O documento, de dez puntos, tamén suliña que "España tamén é, e sempre foi desde a súa orixe, un país multilingüe".

Engade que "o plurilingüismo non serve só para recoñecer legalmente o carácter multilingüe dos territorios, senón que aspira a que todos e cada un dos cidadáns sexan ou se sintan plurilingües; é dicir, poidan coñecer máis dunha lingua ou valoren a súa convivencia con máis dunha lingua".

Na presentación falaron Fernando Rodríguez Lafuente e Carles Martí Jufresa, codirectores do "Seminario Multidisciplinar polo Plurilingüismo en España", do que xurdiu este documento. Durante a presentación, Carles Martí afirmou que "en ningún lugar os límites administrativos coinciden cos territorios onde se fala unha lingua concreta, neste sentido España non é ningunha excepción".

Mentres que Fernando R. Sinalou que, nesa etapa, obviouse a riqueza cultural colectiva que "representan as distintas linguas que se falan no territorio do Estado Español".

Tamén asinaron o manifesto o ex ministro de xustiza, Fran Caamaño, Ramon Maiz e Alberto López Basaguren, catedráticos de Dereito Constitucional e Joaquim Coll, historiador. Ademais de Fernando Ramallo, representante de España na Comisión de Seguimento da Carta Europea das linguas rexionais e minoritarias do Comité das Rexións e Angel López, Maria Luisa Calero, Josefa Dorta, Miguel Casas e Ricart Morant, catedráticos de Lingüística

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 14 comentarios

1 Fartodalingua

Ningún problema. Espero que en las regiones en las que exista más de una lengua oficial se reconozca esa misma pluralidad. Lo mismo que se solicita para el Estado, téngase en cuenta para las políticas lingüísticas de cada región. Las Administraciones deben garantizar el conocimiento de las dos lenguas oficiales. Los ciudadanos deben tener el derecho de usar la que les parezca en toda circunstancia. Las políticas de promoción de las lenguas no deben conculcar los derechos de los ciudadanos. Primero las personas, después las lenguas.

1 fartodosnacionalistas

dime que os funcionarios destinados na GZ ou incluso sen estar físicamente nela pero trabalhando temas da GZ, terán que saber as duas linguas oficiais. Porque me parece que hai nacionalistas espanhois que din que non, que un xuiz pode tomar destino na GZ e na sua atividade pode pedirlhe a alguén que non lhe fale galego. Suponho que ti estarás polo dereito do vicinho a falar galego se lhe peta e a obligación do xuiz de ser competente nesa lingua se quere trabalhar na GZ. Danos a tua opinion campion.

2 DicirVerdades

Os galeguistas nunca pelexaremos por impoñer o galego. Pelexamos pola súa normalización e promoción LIBRE E VOLUNTARIA PARA TODO AQUEL QUE SE QUEIRA ADSCRIBIR Á MESMA. Os galegofalantes vemos día a día que temos problemas para expresarnos na nosa propia lingua no noso propio país: queremos que tanto galegofalantes como castelanfalantes poidan ver respectados os seus dereitos en todo momento. Por iso esiximos unha igualdade de dereitos reais, que nin está garantida xurídicamente nin na práctica.

3 Nostrus

Primero los culos (por lo menos el mio), despues las personas

4 nostrus

fartodosnacionalistas.Comprender galego a un xuiz debe ser un merito para traballar en Galicia e na miña opinion debeselle dar un tempo prudencial para que o aprenda e mentras tanto si alguen se nega a falarlle español ao xuiz que llo traduza alguen. O galego non debe ser unha traba, debe ser un mérito.Non debemos consentir que o galego espante a bos profesionales que quixeran vir para Galicia e débeselle dar un tempo prudencial para que o aprendan, porque é xusto e factible..