Trasladadas tres persoas por inhalación de fume tras un incendio nunha casa

Ardeu o salón da casa e o resto do inmoble viuse afectado o fume, declararon os bombeiros.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 04/01/2025 | Actualizada ás 11:32

Comparte esta noticia

Tres persoas, dous adultos e unha nena, tiveron que ser trasladadas despois de resultar afectadas por inhalación de fume nun incendio declarado no tellado dunha vivenda en Ponteareas.

Segundo informou o 112 Galicia, o suceso produciuse sobre as 4.30 horas deste sábado e foi un particular o que alertou de que ardía o tellado dunha casa no Eido Lanuxe, na parroquia de Ribadetea.

Ata o punto desprazáronse os Bombeiros de Ponteareas, a Garda Civil, a Policía Local e os profesionais de Urxencias Santiarias de Galicia-061 que trasladaron aos afectados. Pola súa banda, os Bombeiros procederon a sufocar as chamas e, tras a súa intervención, indicaron que ardeu o salón da casa e o resto do inmoble viuse afectado o fume.

Sala de operacións 112 Galicia
Sala de operacións 112 Galicia | Fonte: XUNTA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta