Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 04/01/2025 | Actualizada ás 11:34
Unha persoa perdeu a vida e outras dúas resultaron feridas tras unha saída de vía na rúa dos Martices, no municipio pontevedrés de Vilagarcía de Arousa. Segundo informou o 112 Galicia, o suceso produciuse ao fío das 23:00 horas deste venres e foron varios particulares os que deron a voz de alarma.
Ata o punto desprazáronse os profesionais de Urxencias Santiarias de Galicia-061, que confirmaron o falecemento dunha persoa e outras dúas foron evacuadas ao hospital. No operativo tamén participou a Garda Civil, a Policía Local e o persoal de Emerxencias de Vilagarcía.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.