Feijóo: “Otegi que viva en paz e, sobre todo, que deixe en paz aos demais"

O presidente galego di que Otegi está libre “grazas ao Estado de Dereito” e critica a Pablo Iglesias por defender a saída do cárcere do dirixente vasco.

Por Galicia Confidencial | Pontevedra | 01/03/2016 | Actualizada ás 19:32

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, referiuse este martes ao exdirigente da esquerda abertzale Arnaldo Otegi, que saíu da cadea logo de seis anos preso, e pediulle que que aproveite a oportunidade para "vivir en paz" e, sobre todo, para "deixar en paz aos demais".

Arnaldo Otegi nun acto político
Arnaldo Otegi nun acto político | Fonte: Publico.es

Otegi cumpriu a súa condena e pode refacer a súa vida, pero hai outras persoas que non poden facelo porque foron asasinadas", dixo Feijóo en alusión ás vítimas do terrorismo durante un acto público ao acudiu en Meis (Pontevedra).

Así, lembrou que Otegi "beneficiouse" das garantías que outorgan as leis e o Estado de Dereito. Algo, dixo, que non puideron facer os membros das forzas e corpos de seguridade do Estado e militantes de partidos políticos "nos que non militaba o señor Otegi" que foron asasinados pola banda terrorista ETA "polas súas ideas e por defender as súas obrigacións".

Neste sentido, o presidente da Xunta mostrou o seu malestar polas declaracións do secretario xeral de Podemos, Pablo Iglesias, nas que cualificou de "boa noticia" a saída do cárcere de Otegi e que ninguén debería ir a prisión "polas súas ideas". “Lamento que un político da extrema esquerda se refira así ao exdirigente abertzale, xa que neste país ninguén vai ao cárcere pos as súas ideas", manifestou.

"Ao cárcere vaise porque se asasina á xente, porque se enalteza o terrorismo ou porque se apoia a bandas terroristas", sinalou o presidente galego, que engadiu que os únicos que perderon a vida "son os que defenderon as súas ideas no País Vasco". "Eses non están no cárcere, simplemente perderon a vida", lamentou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 eueu

Sen dubida grazas ás misas que lle fai o PP a Franco estamos mais en paz. PPodres ao PParo