Inaugurado o primeiro "aparcadoiro seguro" para transportistas, situado en San Cibrao das Viñas

Dispón dunha área exclusiva para mulleres con vestiarios e aseos propios.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/01/2025 | Actualizada ás 20:04

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, inaugurou o primeiro "aparcadoiro" seguro da rede española para vehículos pesados, situado no polígono de San Cibrao das Viñas, en Ourense. Este espazo, froito da colaboración entre a Xunta, a Deputación de Ourense e empresarios locais, conta con 59 prazas, perímetro pechado, control de acceso por matrícula, videovixilancia e unha área exclusiva para mulleres con vestiarios e aseos propios. Ademais, dispón dun botón de emerxencia que conecta directamente co 016.

Durante o acto, Rueda destacou que a iniciativa ten como obxectivo mellorar a seguridade e as condicións laborais dos transportistas, con especial énfase na incorporación das mulleres a unha profesión predominantemente masculina. "Hai poucas mulleres transportistas, e un dos motivos é a necesidade de infraestruturas que garantan a seguridade mentres pasan a noite", afirmou. O presidente galego subliñou que este é só o primeiro paso nun plan que prevé a creación de 1.500 prazas en aparcadoiros seguros e protexidos en Galicia.

INFRAESTRUTURA "MOI DEMANDADA"

"Trátase dunha infraestrutura moi demandada polo sector e vaise a repetir en polígonos das catro provincias", trasladou, antes de anunciar unha convocatoria de axudas para habilitar novos espazos cunha dotación de 500.000 euros que permitirá a creación de 250 prazas adicionais.

Rueda participa nun acto en Ourense / DAVID CABEZON @ XUNTA / Europa Press
Rueda participa nun acto en Ourense / DAVID CABEZON @ XUNTA / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta