Galicia, mellor nivel de inglés mentres o galego esmorece na educación

España ocupa a posición número 36 do mundo en canto a dominio de inglés, un posto menos respecto ao ano anterior, segundo o informe EF.

Por Europa Press / Redacción | Compostela | 14/01/2025 | Actualizada ás 11:48

Comparte esta noticia

Galicia e a Comunidade de Madrid son as zonas con mellor nivel de Inglés en España, mentres que Estremadura e A Rioxa son as comunidades autónomas que peor nivel teñen.Así o reflicte o informe anual de nivel de inglés en adultos de Education First (EF), que recolle os resultados do test realizados a 2,1 millóns de persoas non nativas de inglés de 116 países e rexións.

Galicia, con 564 puntos, e Madrid, con 551 puntos, son as comunidades autónomas con mellor nivel de inglés en España, situándose unicamente estas dúas autonomías na franxa de nivel alto de coñecemento. Unha situación que se produce cando esmorece o coñecemento do galego neste país.

Asturias, Cataluña, o País Vasco, Navarra e Aragón, aínda que pertencen á franxa intermedia de coñecemento de inglés, contan cunha puntuación por encima da media do país (538 puntos) con 548, 546, 545, 545 e 543 puntos, respectivamente. A comunidade autónoma que peor posición obtén, pola contra, é Estremadura, con 501 puntos, polo que pertence á franxa de nivel intermedio de coñecemento de inglés. As seguintes comunidades que peor posición obteñen son A Rioxa, con 512 puntos; Castela-A Mancha, con 526 puntos, Murcia, con 526 puntos, Illas Baleares, con 526 puntos, todas elas situadas tamén na franxa media de nivel de coñecemento.

O resto das comunidades, que tamén se sitúan na franxa de nivel intermedio de coñecemento son Illas Canarias, Andalucía, Cantabria e Castela e León, todas elas por baixo do nivel da media española. Nesta franxa intermedia tamén se atopa a Comunidade Valenciana, que con 538 puntos iguala a media española.

CLASIFICACIÓN POR CIDADES

En canto ás cidades, Vigo atópase en primeira posición, cunha puntuación de 585, e séguenlle Xixón e Zaragoza que, con 575 e 565 puntos, atópanse en segunda e terceira posición. A este catro, séguenlles Barcelona, Valencia, Madrid e Málaga, todas elas por encima da media nacional e na franxa alta de competencia.

As que peor puntuación obteñen, empezando pola cola, son Tarragona, con 517 puntos; Murcia, con 523 puntos, Salamanca, con 531 puntos, e Burgos, con 537 puntos, na franxa media de competencia e sendo o únicas catro cidades que se sitúan por baixo da media española.

Un alumno de primaria fai os deberes da materia de Inglés con varios libros e un computador
Un alumno de primaria fai os deberes da materia de Inglés con varios libros e un computador | Fonte: Eduardo Parra

PERDAS DE POSICIÓNS

Se se fai unha comparación con anos anteriores, neste 2024, España perdeu unha posición respecto o último ano: en 2023 ocupaba a posición número 35 do mundo en dominio do inglés. En España, o nivel de inglés segue diminuíndo nalgunhas franxas de idade. Na franxa de idade de 18-20 anos, o nivel empeorou pasando dunha puntuación de 514 no 2023 a 509 este ano, manténdose en nivel 'Medio'.

Sucede algo similar na franxa 31-40 anos, na que o nivel de inglés tamén empeorou, pasando de 561 a 557 puntos, e manténdose no nivel 'Alto'. Outra franxa de idade que diminuíu lixeiramente a súa puntuación en canto a nivel de inglés é a de 41+ anos que, manténdose no nivel medio, pasou de 532 a 531 puntos.

Por último, a franxa de idade de 26-30 anos mantense estable no nivel 'Alto', con 563 puntos, mentres que a franxa de idade de 21-25 anos aumentou lixeiramente o seu nivel, categorizado como 'Alto', pasando de 551 a 552 puntos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta