Autorizada a repotenciación do parque eólico Castelo pero pasando de 25 aeroxeradores a tres

Está situado nos municipios de Coristanco, Tordoia, Santa Comba e Val do Dubra, na provincia da Coruña.

Por Europa Press / Redacción | A Coruña | 14/01/2025 | Actualizada ás 12:35

Comparte esta noticia

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este martes a declaración de impacto ambiental (DIA) autorizada para o proxecto de reducir os aeroxeradores no parque eólico Castelo, situado nos concellos de Coristanco, Tordoia, Santa Comba e Val do Dubra, na provincia da Coruña.

Promovido por Enerxías Especiais do Alto Ulla, o parque atópase en funcionamento desde o ano 2001 e está composto por 25 aeroxeradores modelo GAMESA-47 de 660kW de potencia unitaria, sendo a súa potencia total de 16,5 MW.

Segundo o estudo de impacto ambiental, a modificación do actual parque eólico Castelo en explotación consiste no desmonte e desmantelamento do parque existente e na súa substitución por outro parque eólico que conservará idénticos 16,5 MW de potencia activa nos mesmos concellos, pero reducirá a tres os muíños e a súa infraestrutura asociada.

RENOVACIÓN TECNOLÓXICA

Constitúe, por tanto, unha renovación tecnolóxica ou substitución (antiga repotenciación) do parque de xeración actual, neste caso completa, dado que se desmontarán os 25 aeroxeradores existentes para substituílos por tres novos "máis modernos, eficientes e de maior potencia unitaria". A actuación leva por tanto aparellada unha redución de 22 máquinas no número total de aeroxeradores do parque.

Muíños eólicos / EDP - Arquivo / Europa Press
Muíños eólicos / EDP - Arquivo / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta