Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 14/01/2025 | Actualizada ás 12:52
Un veciño de Muros acusado de abusos sexuais a unha sobriña -- menor de idade no momento de iniciarse, presuntamente, os feitos, segundo Fiscalía -- negou o delito que se lle imputa, no xuízo que comezou este martes na Audiencia Provincial da Coruña.
A defensa pide a absolución do seu cliente fronte á acusación particular e Fiscalía. Esta última solicita unha pena de nove anos de prisión por un delito continuado de abuso sexual O home, tío político da denunciante, alegou que tiña unha boa relación coa familia desta, á que coñeceu en 1998. Os presuntos abusos comezarían en anos posteriores manténdose, segundo o relato dela, ata 2013.
Na súa declaración, o acusado asegurou que ás veces xogaban os dous sós ás cartas nun restaurante que tiña fronte á praia, "pero co bar aberto" e negou que lle exhibise películas de contido pornográfico ou revistas da mesma índole. "Xamais", sentenciou para aclarar, ao ser preguntado se o viu espido, que "pode ser". "Na miña casa o que non somos é moi pudorosos, se eu saín da ducha medio tapado ou non non o nego pero que me exhibise diante dela, non".
Fronte ao testemuño da muller, que denunciou en 2021, rexeitou que a bicou ou tocou neses anos ou que mantivese relacións sexuais con ela.
VERSIÓN DA MULLER
"Foi pouquiño a pouquiño gañándose a miña confianza", aseverou a denunciante que indicou que ela o vía como o "tío enrollado" pero que el foi o que lle sacaba conversacións de índole sexual cando ela tiña aínda doce anos.
Respecto das charlas que mantiñan, explicou que o procesado "empezou a introducir revistas pornográficas como cun carácter educativo, películas eróticas e logo cando gañaba ou perdía, aposta de pezas, nunca se chegaban a cumprir ata que un día que se cumpriu". "Unha das apostas era tipo de bicos", manifestou para sinalar que os supostos abusos "empezaron a subir máis" con penetración, dixo, "aos 17 anos".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.