Por Europa Press / Redacción | Arousa | 16/01/2025 | Actualizada ás 12:13
A Policía Nacional e a Garda Civil desenvolveron, conxuntamente, un operativo contra o narcotráfico no que incautaron 1.100 quilos de cocaína mentres era gardada nas costas de Vilanova de Arousa detiveron, nas últimas horas, a un galego. Desta forma, ascenden a oito persoas detidas nesta operación.
Así o confirmaron fontes coñecedoras da investigación consultadas por Europa Press, que detallaron que o oitavo detido é da zona de Arousa. A investigación comezou en novembro de 2024 cando foi detectada a organización criminal que estaba instalada no Salnés e dedicábase ao tráfico de drogas.
Desta forma, o sete persoas de orixe albanesa foron detidas cando desembarcaban a droga desde unha embarcación, de 12 metros de eslora, tres motores de 450 CV e de cor branca, na zona de Rego do Alcalde, en San Miguel de Deiro, no mesmo lugar no que en Noiteboa apareceu outra lancha de características parecidas.
Na 'Operación Baroña' os axentes interviñeron tamén unha pistola, dous vehículos e equipos de comunicación. A investigación, que foi coordinada polo Xulgado de Instrución número 3 de Vilagarcía e que segue aberta, contou coa colaboración da DEA, a Policía Xudiciaria de Portugal e a Aduana de Francia. Actualmente, sete dos detidos atópanse pasando a disposición xudicial.
DETIDOS 'IN FRAGANTI'
Esta operación sería o primeiro golpe, do cal se ten coñecemento, no que unha banda de orixe balcánica tenta realizar unha descarga de droga directamente nas costas galegas. No entanto, estes feitos constatan a presenza deste tipo de organizacións centroeuropeas en Galicia.
A pasada semana, tres cidadáns belgas e seis albaneses, foron detidos en Vigo pola súa suposta vinculación cunha partida de 1.100 quilos de cocaína localizada no interior dun colector que chegou ao porto de Vigo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.