Detido un mozo de Cuntis cando transportaba nunha furgoneta dous quilos de haxix

Ademais, nun rexistro no domicilio do home interviñeron 20 gramos de cocaína dispostos par a súa distribución e diñeiro en efectivo

Por E.P. | | 16/01/2025 | Actualizada ás 13:31

Comparte esta noticia

A Garda Civil de Pontevedra detivo a un veciño de Cuntis, de 23 anos, como presunto autor dun delito contra a saúde pública tras ser interceptado cando circulaba nunha furgoneta pola N-640 con dous quilos de haxix.

Segundo informou o Instituto Armado, o suceso produciuse este luns, cando os axentes lle deron o alto durante un dispositivo de seguridade cidadá. Así, procederon a rexistrar o vehículo e na parte traseira localizaron unha bolsa plástica con dous paquetes envoltos en cinta de embalar de cor marrón, cunha cantidade aproximada de dous quilos de haxix.

Ante isto, a Garda Civil solicitou unha entrada e rexistro no domicilio do home e deu como resultado a intervención de 20 gramos de cocaína en catro envoltorios plásticos dispostos para a súa distribución e diñeiro en efectivo.

Droga e diñeiro intervido.. GARDA CIVIL DE PONTEVEDRA
Droga e diñeiro intervido.. GARDA CIVIL DE PONTEVEDRA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta