Melloras para a mobilidade veciñal en Allariz

O concello vén de rematar uns traballos de mellora e pavimentación dunha senda peonil.

Por Galicia Confidencial | Allariz | 23/01/2025 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

O Concello de Allariz concluíu os traballos de mellora e pavimentación dunha senda peonil que conecta a estación depuradora de augas residuais (EDAR) coa zona do Seixo. A intervención supón manter o compromiso do goberno local coa mellora de infraestruturas que favorezan a mobilidade veciñal ao tempo que son respectuosas co medio ambiente.

Senda peonil en Allariz. Foto: Dpto Comunicación.
Senda peonil en Allariz. Foto: Dpto Comunicación.

A actuación consistiu na aplicación de sabrego compactado, un material natural e sostible que garante un pavimento firme e duradeiro, respectuoso coa contorna natural e esteticamente integrado na paisaxe con apariencia rústica dun carreiro. Esta senda, moi utilizada tanto por residentes como por visitantes, forma parte dos roteiros peonís que promoven a mobilidade sostible e para gozar da contorna natural de Allariz xa que une o núcleo urabno coa cidade deportiva do Seixo e a zona do camping. As obras completáronse coa colocación de varios bancos e papeleiras.

Desde o Concello destacaron que esta obra supuxo un investimento de 30.000 € e contou coa cofinanciación de Deputación Provincial de Ourense

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta