(Video) Terbutalina anuncia un adeus indefinido con 'Bicos' tras anos "de suor e ata algún óso roto"

O seu último concerto será en Bruxelas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/01/2025 | Actualizada ás 13:36

Comparte esta noticia

A banda esteirana Terbutalina anunciou un adeus indefinido tras 15 anos de música e concertos aos que porán o broche coa súa actuación no festival Emigrasons que terá lugar en febreiro en Bruxelas. Antes dese "último baile" en Bélxica, os de Esteiro publicaron a canción 'Bicos', coa que se despiden do público galego, co que se comprometen a reecontrarse.

"Sinceramente, temos o mellor público que podiamos ter. Querémosvos moito e seguro que vos botaremos de menos", sinala a banda nun comunicado no que anuncian a súa despedida despois de "anos de concertos, pogos, suor e ata algún óso roto".

A banda Terbutalina. TERBUTALINA
A banda Terbutalina. TERBUTALINA | Fonte: Europa Press

A banda formada en 2010 e bautizada en honra a un broncodilatador para tratar os problemas de asma que algún dos seus integrantes padecía, agradece o apoio do público nestes anos e o traballo de todas as persoas que fixeron posbile a súa historia". Lembran aos membros que pasaron pola banda como Simón, Brais e Samu, a colaboradores como Ovidio, Joki, Miguel600 e Gerardo e "de forma especial" a Tomás e Patricia, a quen destacan como "alicerces fundamentais do proxecto".

Tamén teñen palabras de recoñecemento "para técnicos, camareiros, seguratas, bandas amigas e programadores" que compartiron camiño con eles ao longo destes anos. Os de Esteiro resérvanse un "último baile" que prometen que será "ao grande" no festival Emigrasons que terá lugar o 22 de febreiro na sala A Madeleine da capital belga. "Poéticamente, sinais tocando na sala A Madeleine. Acudan! E bailen, hostia"", anima a banda.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta