Radiografía dos museos galegos: pouco financiamento, inxerencias políticas e descoordinación

A maioría dos museos galegos teñen menos de 5.000 visitantes e un terzo non supera os 50.000 euros de dotación. Os expertos critican a xestión centralizada e piden un plan para evitar que só sexan recursos turísticos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/01/2025 | Actualizada ás 13:42

Comparte esta noticia

A excesiva centralización na xestión, as inxerencias políticas, a elevada dependencia de recursos públicos ou a dificultade para aumentar públicos son algúns dos problemas cos que se atopa o sistema de museos de Galicia, un conxunto de equipamentos "cheo de contrastes", entre aqueles con gran orzamento e poder de atracción, unha minoría, e a maior parte, que ten menos de 5.000 visitantes ao ano.

Así o reflicte o estudo 'Análise da situación dos museos e outros servizos museísticos de Galicia', realizado polo Observatorio ds Cultura Galega e que este martes presentaron o seu responsable, Häkan Casares, e a presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez.

Neste informe recóllese que o número de museos en Galicia nos últimos anos creceu a un ritmo importante, por encima da media española, o que permitiu que Galicia, inicialmente por baixo, se sitúe na media do Estado neste tipo de recursos.

Con todo, apunta o informe, a realidade dos centros "é bastante complexa e está chea de contrastes", en primeiro lugar porque é "difícil de medir" tanto a nivel económico como de mera existencia. Así, o sistema recoñece 87 centros deste tipo, pero o Observatorio detectou 132 que se autodenominan como 'museos'.

As súas características son dispares e difíciles de unificar: mentres que 10 destes museos teñen máis de 600.000 euros de orzamento anual, un terzo do total teñen menos de 50.000 euros. Aínda que os datos son "parciais", apunta Casares, si se pode dicir que en Galicia existe "unha maior dependencia da administración" en termos económicos, sobre todo da autonómica, con menor capacidade para atraer fondos europeos e fondos propios a través da venda de entradas.

PÚBLICO NOS MUSEOS

O principal público dos museos galegos son xente nova con estudos superiores e residente en áreas de maior concentración de poboación, así como turistas, considerados ambos os como "públicos fáciles". Aínda a pesar do incremento de usuarios desde a pandemia, "o número de visitantes aos museos e coleccións museográficas galegas non ten unha evolución claramente favorable", sinala o informe, que destaca que o 26% da poboación "mostra baixo interese" neste tipo de infraestruturas.

Con iso, "a maior parte dos museos reciben menos de 5.000 visitantes ao ano e practicamente ningún visitante doutro país". Unicamente sete museos reciben máis dun 30% de estranxeiros e hai 11 que reciben máis de 40.000 visitantes ao ano.

DUPLICIDADES, FALTA DE RECURSOS E CENTRALIZACIÓN

Entre os elementos que os expertos sinalan á hora de mencionar os retos dos museos en Galicia está un "problema claro cos recursos económicos e humanos", expresou Häkan Casares. Ademais, critican a "excesiva centralización na xestión", o que reduciu a "autonomía" destes centros e causa frecuentes "ingerencias políticas" na súa xestión. Tambien apuntan á existencia de "duplicidades e solapamentos".

Por todo iso, os expertos reclaman que se elabore un plan específico de museos e centros museísticos de Galicia que permita "ter unha estratexia global e coordinada" para estas instalacións que permita combater "as carencias detectadas" e evite que "se convertan en espazos destinados só a turismo ou a exposicións temporais".

Unha das exposicións dos museos xestionados pola Xunta.. XUNTA - Arquivo
Unha das exposicións dos museos xestionados pola Xunta.. XUNTA - Arquivo

O Museo da Catedral de Santiago exhibe réplicas dos instrumentos musicais do Pórtico da Gloria. MUSEO CATEDRAL SANTIAGO
O Museo da Catedral de Santiago exhibe réplicas dos instrumentos musicais do Pórtico da Gloria. MUSEO CATEDRAL SANTIAGO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta