Por Europa Press / Redacción | A Coruña | 23/01/2025 | Actualizada ás 13:55
A Garda Civil detivo a seis persoas de nacionalidade española como parte dun grupo criminal ao que se lle atribúen unha onda de roubos polas provincias da Coruña, Pontevedra, Lugo e Asturias. No marco do operativo efectuáronse varios rexistros domiciliarios, onde se recuperaron grandes cantidades de obxectos.
Segundo informa o Instituto Armado, as unidades orgánicas da Policía Xudicial das Comandancias de Pontevedra, A Coruña e Lugo foron as encargadas desta investigación na que se desarticulou esta banda que, supostamente, dedicábase a asaltar domicilios, establecementos comerciais, talleres de vehículos e centros educativos. Estímase que o valor do subtraído supera os 120.000 euros, á parte dos danos causados ás distintas propiedades afectadas.
As pescudas iniciáronse o pasado novembro, cando se constatou unha serie de roubos en distintas localidades que provocaron "unha gran alarma social", tal e como indica a Garda Civil. Os membros deste grupo "actuaban sempre de madrugada" e para acceder aos inmueblen rompían "de forma violenta" as portas. "Sempre" ían encapuchados e, ademais, para os seus desprazamentos empregaban vehículos previamente subtraídos. Unha vez dentro, apoderábanse das caixas rexistradoras e de obxectos de valor.
Segundo o Instituto Armado, os detidos "tiñan unha ampla experiencia neste tipo de roubos con forza". De feito, foran apresados con anterioridade pola comisión de feitos similares. A investigación culminou o 15 de xaneiro, cando os axentes culminaron a investigación tras unha onda de roubos producidos na provincia de Lugo, concretamente nas localidades de Mondoñedo e Meira.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.