O Partido Comunista de Galicia quere un espazo que rompa co capitalismo

Os comunistas galegos celebran a Conferencia Galega para preparar 1ª fase do Congreso do Partido Comunista de España.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 20/03/2016 | Actualizada ás 13:00

Comparte esta noticia

O Partido Comunista de Galicia (PCG) traballa para articular un movemento político e social de ruptura co actual réxime político e co sistema capitalista. Así se puxo de manifesto na Conferencia da 1ª Fase do Congreso do Partido Comunista de España (PCE), que será o vindeiro 9 de abril en Madrid.

Alberto Garzón con Yolanda Díaz, Rubén Pérez e Eva Solla durante un acto do Partido Comunista de Galicia (PCG)
Alberto Garzón con Yolanda Díaz, Rubén Pérez e Eva Solla durante un acto do Partido Comunista de Galicia (PCG) | Fonte: blogdelviejotopo.blogspot.com

A xuntanza, que tivo lugar este sábado, contou cunha importante participación da militancia. Entre os participantes, que deron os saúdos iniciais, estaban Xosé Enrique Porto, en representación da SOGAPS – que animou e recoñeceu o traballo incansable de solidariedade das e dos comunistas coa causa saharaui -, Xosé Manuel Sánchez Aguión, secretario xeral do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia, Mónica Sánchez Montes, cónsul de Venezuela, e do presidente de honra do PCG, Manuel Peña Rey.

Ao longo da conferencia leváronse a cabo o debate e votación das emendas e resolucións tratadas previamente nas agrupacións, así como a elección da delegación que se enviará desde Galicia á 1ª fase do Congreso do PCE, que será a encargada de levar as conclusións do debate galego.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 12 comentarios

10 Antinostrus

Ordiá...un ParamecioNóstrico Neoliberal e Succionador de Ortos Mesetarios!!!!.

9 nostrus

Todos los comunistas de este pais deberian dar ejemplo y comunarse entre ellos...¿quien se lo impide?, que aporten cada uno lo que tienen, que trabajen y luego que repartan a partes iguales; eso cabe perfectamente en este mundo capitalista. Pero si no es bueno para ellos, no comprendo como van convencernos de que es bueno para los que no somos comunistas.

8 nostrus

A fouce e o martelo deben estar gardados no mesmo sitio que a cruz gamada. O comunismo é unha das variantes do fascismo e que non se disfracen de democratas quenes defenden esta ideoloxia que merece o mesmo respeto ca Falange na version mais rancia.

7 John McNamara

O anarquismo é outro modelo que racha co capitalismo, polo que lin tamén lle vale ao PCG, perdón: PCE na Galiza.

6 fseg

Que noxo, e aínda non pediron perdón polos cen millóns de mortos que ocasionou o comunismo no século XX