Riobóo propón confluír a través de Mareas en Común

Nas primarias de Podemos Galicia, o secretario xeral -un dos candidatos- lanza a proposta de apostar polo foro que constituíron as candidaturas municipalistas.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 24/03/2016 | Actualizada ás 16:31

Comparte esta noticia

No seu proceso de primarias, Podemos Galicia contrasta -entre outros puntos- como presentarse aos comicios autonómicos.  Do que escolla Podemos Galicia depende en boa medida a configuración do mapa electoral da esquerda para uns comicios autonómicos que están á volta da esquina. Polo de agora, as propostas que ten para a súa valoración os inscritos do partido de Pablo Iglesias pasan todas pola confluencia. Agora ben, non necesariamente a través de En Marea (a coalición de partidos que se presentou as autonómicas participada por Podemos, Anova e EU).

Reunión das mareas municipalistas na Pobra
Reunión das mareas municipalistas na Pobra | Fonte: @NosPobra

O secretario xeral actual inclínase máis por non confluír con En Marea, senón a través dun foro artellado este ano, Mareas en Común.

Así se ven chamando as reunións das candidaturas municipalistas, tres non que vai de ano, O  21 de febreiro, na cidade de Lugo, foi terceiro encontro de iniciativas municipalistas galegas, tras as xuntanzas na Estrada (16 de xaneiro) e na Pobra do Caramiñal (31 de xaneiro). Nesta iniciativa  participaron máis de 30 mareas das catro provincias.

 

Fronte ás “cuestións que non estiveron todo o ben garantidas que tiñan que  estar” de En Marea; Riobóo opina que “o proceso de Mareas en Común está aprendendo de erros cometidos anteriormente, e que polo tanto vai máis na liña en facer algo amplo, participativo, diverso -e que ademais é transparente”. O candidato cre que “ten bastantes paralelismos co que dende Podemos e os 15M se propón”.

Reunión das Maeras en Común municipalistas en Lugo
Reunión das Maeras en Común municipalistas en Lugo | Fonte: mareatlantica.org

 

Pola súa banda, outra candidata Ángela Rodríguez -deputada por En Marea- lembrou este mes que a esa formulación da confluencia foi unha ferramenta para as eleccións xerais pero que non é válida para as autonómicas. Rodríguez tampouco apoio a proposta de convetir xa a En Marea nun partido instrumental, como defende o líder de ANOVA, Xosé Manuel Beiras.

Carmen Santos, quen fóra no seu día a persoa máis votadas nas primeiras eleccións en Podemos Galicia, si aposta por reeditar En Marea pero “cun proceso transparente, participativo e que garanta a igualdade dos que queiran formar parte dela”.

 

Presentación da candidatura Decide Galicia que lidera Breogán Riobóo
Presentación da candidatura Decide Galicia que lidera Breogán Riobóo | Fonte: @rebefer_
Carmen Santos Queiruga, ex secretaria de Estratexia Política de Podemos-Galicia
Carmen Santos Queiruga, ex secretaria de Estratexia Política de Podemos-Galicia
Ángela Rodríguez
Ángela Rodríguez
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 12 comentarios

4 Sesese

¡Aquí están ,estos son , os muchachos da salvación.! (Lease con musiquiña)

3 Entramado espazo tempo

A culpa é do BNG! En que mundo viven? Teñen que outorgar fortaleza ao novo proxecto nacional que son as mareas. Non quero que o BNG desapareza, mais...

2 PPodreiros PINZA DE EXPAÑOL

Bragoñan riobon salvou o cú pero perdeu a ialma... deixouse encalatar por waldo das JONS, agora coa cabeza sanguiñenta decapitada de bautista errejon (o profesor black), agora xa non e mais cun escravo de podreiros mandriles, recibiu o novo catecismo de maos do mesias waldo e a promesa de que a traidora de -vieiras o fantastico xa non sera xefe de podreiros na Galiza, agora a merdeya esta entre riobon como presidente da untada da malicia e tal vez o inefable arruinador do concello de santiAGE o golfiño merendiño, ahi vai estar a loita entre estes dous xa que a atorrante de ferrolita fuxio a mandriles a darse a vida boa, eso si sempre sosteñendo co voto de podreiros un goberno de PP... !VOTAR PODREIROS E PP NO GOBERNO!!!!!!

1 anonimo

¿Para cando un partido que fale dos seguintes temas: Chemtrails, bandeiras falsas, Nuevo Orden Mundial, Haarp, dinero/deuda, etc. ?.

1 Gasoso

Chemtrails? De verdade queres un partido que faga máis o ridículo que os xa existentes?

2 Gustavo

Xa hai un Partido da Marihuana, ou similar. Fai un Partido dos chemtrails, total...Iso sí, explícalle á xente primeiro qué son. Despóis coalígaste con Rioboo, e malo será, chamarante Movimento social (polos chemtrails), e unha tendencia máis no millo. Como os ecosocialistas, cerna, e o primo da miña prima. E non son bloqueiro, non, voto ás mareas de feito. Pero certa esquerda está na inopia ou mirando para os chemtrails e non pra o que ten diante. En fin...