Homenaxes a Alfredo Brañas en Carballo e Santiago polo 125 aniversario do seu falecemento

Os actos terán lugar o xoves e o venres.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/02/2025 | Actualizada ás 18:20

Comparte esta noticia

Carballo e Santiago de Compostela, concretamente o Panteón de Galegos Ilustres, serán os dous escenarios de celebración de varios actos, estes xoves e venres, para homenaxear ao intelectual galeguista Alfredo Brañas polo 125 aniversario do seu falecemento. O primeiro será este xoves, ás 16.30 horas da tarde, fronte á casa natal de Brañas na capital bergantiñá e estará organizado pola Fundación Alfredo Brañas.

Xa o venres, no Panteón de Galegos Ilustres, na Igrexa de San Domingos de Bonaval, a mesma fundación impulsa pola mañá unha misa con ofrenda floral en recordo desta figura decimonónica. Ademais, a partir das 18.00 da tarde nese mesmo escenario, un grupo de mozos galeguistas promove outra homenaxe en colaboración coa Fundación Castelao, o Museo do Pobo Galego e a Fundación Alexandre Bóveda. Estes colectivos xa organizaron un acto semellante o pasado 11 de xaneiro, coincidindo coa data de nacemento de Brañas.

Alfredo Brañas
Alfredo Brañas | Fonte: Wikipedia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta